A plataforma do Consello de Europa que promove a protección do xornalismo e a seguranza dos xornalistas pediu na pasada segunda-feira ao Goberno español que explique por que unha xuíza instou o director de elDiario.es, Ignacio Escolar, a revelar as fontes dun artigo sobre o Pazo de Meirás.

 

El Consejo de Europa denuncia que una juez instó a Ignacio Escolar a revelar sus fuentes

 

 

A xuíza do Tribunal de Instrución nº29, María Cristina Díaz, ordenou a Escolar “revelar a identidade dunha fonte que divulgara informacións” sobre a residencia galega que pertenceu ao Franco, segundo a alerta lanzada pola plataforma.

Os xornalistas dese medio Paola Obelleiro e Gonzalo Cortizo publicaron o 7 de decembro de 2020 o artigo “A lista de tesouros que os Franco querían levar do Pazo de Meirás en camións de mudanza”.

A información incluía un inventario fotográfico de 697 tesouros históricos que o ditador Francisco Franco conservou na propiedade, situada en Sada (A Coruña), e construída no século XIX por orde da escritora Emilia Pardo Bazán.

A alerta di que elDiario.es revelou as sospeitas de Patrimonio Nacional sobre “os numerosos obxectos que a familia Franco tratou de levar antes de devolver a residencia ao Estado, incluíndo tesouros históricos roubados por Franco das coleccións reais”.

Após a publicación do artigo, a familia Franco levou aos tribunais a divulgación de información confidencial.

A citada xuíza deu a Escolar por escrito un prazo de dez días para que revelase “a persoa que lle deu a información e o procedemento ou medio polo cal recibiu o informe”.

Nunha carta datada o pasado 13 de outubro, Escolar rexeitou revelar a fonte, “ao afirmar que o artigo era de interese público e que a protección de fontes xornalísticas constitúe un dereito constitucional protexido”.

As autoridades españolas deberán responder agora á plataforma deste caso de nivel 2 (o 1 cobre as ameazas máis graves á liberdade dos medios de comunicación, como o asasinato ou a ameaza directa á vida dos xornalistas).

O Instituto Internacional de Prensa (IPI, na súa sigla inglesa), Article 19 e a Federación Europea de Xornalistas/Federación Internacional de Xornalistas), tres dos 14 socios da plataforma, presentaron unha denuncia contra a acción desta xuíza.

Trátase da sétima alerta dun caso español no que vai de ano. O resto débese a golpes recibidos por xornalistas de axentes antidisturbios e manifestantes, así como ameazas de manifestantes antimáscaras e de Vox.

elDiario.es