O Defensor del Pueblo recoñece irregularidades no tratamento a preso no cárcere de Teixeiro

Por segunda vez consecutiva o Defensor del Pueblo recoñece que a dirección do cárcere de Teixeiro cometeu irregularidades no tratamento dispensado ao preso FJSR durante o tempo que o penado estivo interno nesa prisión. O seu escrito, de 24 de setembro, non deixa dúbidas ao respecto: “don F.J.S.R. [foi] sometido a medidas restritivas non previstas na normativa e máis estritas que as previstas no artigo 91.3 do Regulamento penitenciario.”