O Tribunal Supremo conclúe que o Estado español omitiu a protección que lle foi requirida e que estaba obrigado a outorgar á familia de José Couso e confirma a condena ao pagamento de 182.290 euros como indemnización para os fillos e a viúva do cámara asasinado no Iraque o 8 de abril de 2003.

 

 

El asesinato en Bagdad de José Couso

 

 

A Sección Quinta da Sala do Contencioso confirmou a sentenza da Audiencia Nacional que declarou a responsabilidade patrimonial do Estado polos prexuízos ocasionados á viúva e aos dous fillos de José Couso pola omisión de protección diplomática despois do falecemento do cámara de televisión durante a tomada de Bagdad (Iraque) o 8 de abril de 2003.

A Sala rexeita o recurso de casación interposto polo Avogado do Estado contra a sentenza recorrida que recoñeceu o dereito a unha indemnización de 182.290 euros á familia do cámara (99.430 euros para a viúva e 41.430 para cada un dos fillos).

Na sentenza examínase a procedencia de que os cidadáns españois poidan invocar a protección diplomática do Estado español cando lles é ocasionado un dano por un acto internacionalmente ilícito por parte doutro Estado, determinando o contido da protección e os efectos caso non se prestar na forma adecuada, podendo xerar a responsabilidade patrimonial da Administración pública, non en canto á indemnización do dano ocasionado, que nunca se garante coa protección diplomática, senón pola deficiente protección diplomática ou a recusa da mesma.

A sentenza declara, aos efectos de fixar xurisprudencia, que “os cidadáns españois teñen dereito á protección diplomática por parte da Administración nacional, para o resarcimento dos prexuízos ocasionados por un feito ilícito, conforme ao dereito Internacional, ocasionado directamente por outro Estado; a condición de que o propio prexudicado non puidese obter a reparación polo mecanismo de Dereito interno do Estado produtor do dano, sempre que estean establecidos e sexa razoábel obter un pronunciamento expreso en tempo razoábel?.

Engade que “o mencionado dereito comprende a utilización das vías diplomáticas que se consideren procedentes, conforme ás regras da actuación exterior da Administración, ou por outros medios admitidos polo Dereito Internacional, encamiñada á reparación do prexuízo ocasionado, sempre que eses medios a fagan razoabelmente admisibeis?.

Por conseguinte, -indica a Sala-, “procederá a reclamación, en concepto de responsabilidade patrimonial da Administración, cando se acreditar que o Estado español non prestou a protección diplomática, conforme aos requisitos que lle é esixido e atendendo á perda de oportunidade que comportaría dita omisión, sempre que concorreren os restantes supostos desa responsabilidade”.

No caso concreto, a Sala conclúe que o Estado español omitiu a protección que lle foi requirida e que estaba obrigado a outorgar á familia de José Couso. Así, afirma que “o Estado español estaba obrigado, como se fai constar na sentenza recorrida, a facer xestións en prol dunha investigación internacional obxectiva dos feitos e, no seu caso, utilizar os medios que estimase procedente que puidese dar como resultado a reparación do dano ocasionado, non dar a calada por resposta ou limitarse a dar por bos os argumentos dados en contra da ilicitude do feito polo Estado que o ocasionou en canto aínda que é certo que o Estado español non pode impor dita declaración no ámbito internacional, tampouco estaba obrigado o Estado español a dar por boas esas explicacións, como xa antes foi dito”.

Engade que “o que non é admisíbel é omitir calquera acción que non sexa a de dar por boas as concisas explicacións dadas polas autoridades do Estado que ocasionou o dano, senón a procura dunha valoración obxectiva dos feitos, coas consecuencias que resultaren procedentes”.

Na súa sentenza, o tribunal rexeita a alegación do avogado do Estado de que os recorrentes non esgotaron os recursos internos de reclamación ante os tribunais dos Estados Unidos. Neste sentido, afirma que unha pretensión desa natureza require unha importante disponibilidade económica que non consta puidesen asumir os recorrentes. En definitiva, “se tan necesaria era considerada pola Administración esa pretendida necesidade de realizar dita reclamación, ben se puido non asumir esa reclamación a Administración española, que non está incluída na protección, mais si facilitar os medios para esa reclamación”

Para a Sala, o decisivo para rexeitar a argumentación do escrito de interposición é considerar que a Audiencia Nacional “non recoñece o dereito de resarcimento polo falecemento do pai e esposo dos recorrentes, menos aínda, porque deba o Estado español asumir o risco dun profesional nacional que falece no exercicio da súa actividade, senón que o título de imputación, necesario para apreciar a responsabilidade patrimonial, é o feito de que o Estado español omitiu a protección que lle foi requirida e a que estaba obrigado, como vimos”.

El Salto Diario