Unha empresa presentou unha oferta máis barata en 184.000 euros, mais foi rexeitada porque o prototipo non tiña unha “estética e finura exquisitas no acabado”.

 

tricornio
 Esquema de como deben ser os tricornes, no prego de condicións. (Imaxe: ND)

O custo individual, portanto, sería de 55,7 euros por unha peza que só se emprega como parte do uniforme de gala en cerimonias, desfiles e actos solemnes ou en certos servizos como seguranza en embaixadas ou aeroportos.

Algunhas destas unidades substituirían 8.400 tricornes que están rotos e dos que foi solicitada a substitución, segundo consta nos documentos do contrato. Segundo se explica nos documentos rexistrados do proceso de licitación, a Garda Civil recibira outra oferta máis barata, 184.273 euros menos que a que finalmente se impuxo, mais foi desbotada no último momento unha vez que recibiu un mostra dos tricornes que faría.

 

“A peza do chapeu negro constitúe un elemento identificativo de primeira orde do corpo da Garda Civil e, portanto, debe manter unha estética e finura exquisitas no acabado”

 

A empresa mixta Ankara & Emogest Tricorness pretendía facer o mesmo traballo por 639.495 euros e, de feito, esta era a opción que superara os primeiros trámites canto a puntuación, mais finalmente déronse conta de que as mostras presentadas non tiñan a “requirida” calidade “, aínda que as especificacións non determinaban a gravidade destes defectos para excluír un solicitante.

Elemento identificativa de “primeira orde”

“Porén, apreciando que a peza do chapeu negro constitúe un elemento identificativo de primeira orde do corpo da Garda Civil e, portanto, debe manter unha estética e finura exquisitas no acabado”, tomouse esta decisión, segundo recolle o dixital catalán.

Por este motivo, impúxose a opción de Publisize SL, como única outra oferta presentada, por un prezo equivalente ao límite máximo de licitación establecido nas especificacións. As mostras desta compañía, en calquera caso, tamén tiveron defectos, mais non afectan aos “aspectos funcionais ou de seguranza” clasificados como defectos leves e son aceptadas.

Nós Diario