O Centro Palestino de Dereitos Humanos (CPDH) denuncia que no 21 de xaneiro de 2019, as forzas do Servizo Prisional Israelita, en aplicación das Recomendacións do Comité Gilad Erdan, fixeron unha batida na prisión de Ofer, no oeste de Ramallah, e feriron 100 prisioneiros palestinos, alén de queimar 3 celas. Todas os módulos do cárcere, en que están recluidos 1.200 palestinos, incluídos os módulos de menores, foron asaltados e os prisioneiros golpeados con porras ao tempo que os soldados disparaban bolas de goma, granadas lacrimoxéneas e bombas sonoras. Moitos dos prisioneiros recibiron impactos de bolas de goma e tiveron de ser levados ao hospital.

 

Resultado de imaxes para prisiones israelies

 

As organizacións palestinas de apoio ás persoas presas salientan que unha unidade especial do Servizo Prisional Israelita (SPI) xa levara a cabo unha asalto por surpresa no día anterior nos módulos 11 e 12 do cárcere de Ofer e inspeccionara as pertences dos reclusos. Na batida do 21 contaron co apoio de 4 unidades especiais (Massada, Dror, Yamam, and Yamaz), que provocaron un elevado número de feridos.

Este novo ataque lembra incursións previas levadas a cabo en diferentes momentos polo SPI contra prisioneiros palestinos nas 22 cadeas establecidas en Israel. Unha delas a que correu a cargo da unidade especial Massada no 1 de febreiro de 2017 na prisión de Nafha, no Negev, onde entraron e revistaron os módulos do 2 ao 12. Tamén nese caso o asalto tomou por sorpresa os prisioneiros. Os membros do SPI mallaron neles con brutalidade, lanzaron gas lacrimoxeneo e levaron algúns deles a outros módulos. Despois ordenaron os presos colleren a roupa e sacáronnos ao patio apesar da inclemencia do tempo.

Estes incidentes teñen lugar no cadro da política sistemática practicada polo SPI para impor restricións e castigar os prisioneiros palestinos privándoos dos seus máis elementares dereitos. O que constitúe unha clara violación do dereito internacional e revela a arbitrariedade e impunidade con que actúa Israel contra os penados palestinos dentro dos cárceres israelitas perpetrando crimes de guerra.

O Centro Palestino de Dereitos Humanos mostra a súa preocupación pola deterioración das condicións das cadeas sionistas, e subliña que unhas 7.000 persoas palestinas viven en condicións degradadas. Chama a comunidade internacional a presionar Israel e obrigalo a obedecer os principios internacionais e as normas que protexen as persoas detidas preservando os seus dereitos e dignidade.

Centro Palestino de Dereitos Humanos