A acusación popular do caso Nicolás presentou denuncia pola adquisición sen autorización xudicial da “tecnoloxía para interceptar e gravar conversas e información de teléfonos móbeis intelixentes”. Esa compra produciuse pouco tempo antes de que se gravase o ministro do Interior no seu gabinete e unha reunión confidencial en Asuntos Internos con axentes do CNI. Mais o fiscal San Román estimou innecesario investigar sobre ese Pegasus co que foron espiados políticos cataláns.

 

 

Encabezamiento del informe del fiscal Alfonso San Román oponiéndose a investigar la compra ilegal del sistema israelí de interceptación de smartphones que se usó para espiar a políticos catalanes.

Cabezallo do relatorio do fiscal Alfonso San Román en que se opón a investigar a compra ilegal do sistema israelita de interceptación de smartphones usado para espiar políticos cataláns.

O xornal Público non só revelou en novembro de 2017 as probas documentais de que o Director Adxunto Operativa (DAO) da Policía Nacional, Eugenio Piñeiro, adquirira ilegalmente a Rayzone Group Ltd (con sede en Tel Aviv e relacionado co Grupo NSO israelita) o sistema secreto de alta tecnoloxía Pegasus co que o comisario Villarejo fixo as gravacións da Operación Cataluña, senón que esa compra encoberta de spyware foi denunciada ao fiscal do caso Nicolás, mais o letrado do Ministerio Público opúxose a que fose investigada.

Así consta no relatoio que o fiscal Alfonso San Román presentou o 1 de febreiro de 2018 -ao que tivo acceso o xornal Público e cuxo cabezallo se reproduce acima-, como resposta ao escrito da asociación Justitia et Veritas, que expuxera (o 27 de outubro de 2017) probas fidedignas de que esa compra de material de espionaxe tiña sido feita fóra da lei. Esa denuncia da acusación popular, que tamén obra en poder do xornal Público, comeza así:

  1. “Que mediante o presente escrito vimos achegar documentación acreditativa de que a antiga cúpula policial, conformada polo entón Director Adxunto Operativo do Corpo Nacional de Policía (DAO) D.EUGENIO PIÑEIRO SANCHEZ e o seu xefe de gabinete D. JOSE FONTES GAGO poderían dispor da tecnoloxía suficiente para interceptar e gravar conversas e información de teléfonos intelixentes (Smarphones) e outros dispositivos electrónicos sen autorización xudicial como consecuencia de a teren adquirido á empresa RAIZONE GROUP LTD”.

 

As probas do delito: dúas cartas con carimbo e asinatura do DAO, emails cruzados coa empresa israelita e o funcionario a quen se ordenou usar unha conta de fachada

As probas presentadas pola asociación que preside o avogado Antonio Alberca incluían dúas cartas con papel timbrado e carimbo do DAO, así como a rúbrica do mesmo Piñeiro, e unha serie de correos electrónicos cruzados coa empresa israelita de espionaxe informática desde unha conta de fachada de email, que demostraban que o máximo cargo uniformado da Policía española encarregara e adquirira -con fondos reservados e sen a preceptiva autorización xudicial- sistemas israelitas de espionaxe de móbeis de última xeración.

Alén diso, a denuncia achegaba o relato do funcionario de Asuntos Internos que foi obrigado polos seus superiores a crear unha conta persoal de correo electrónico desde a que eran disfarzadas as negociacións de Piñeiro e Gago co fornecedor israelita: Matan Caspy, copropietario de Rayzone Group e socio tamén de NSO, a empresa que comezaba a desenvolver o programa de spyware Pegasus que despois sería empregado para espiar políticos cataláns como Roger Torrent ou Ernest Maragall.

A descrición dos programas de espionaxe de telecomunicacións adquiridos -que inicialmente foron denominados Sprinter e InterApp- explicaba que foran desenvolvidos “para as axencias de intelixencia e de aplicación da lei, o que lles permite recompilar información de maneira sixilosa desde a nube mediante vulnerabilidades de aplicacións de teléfonos intelixentes (…) O sistema é totalmente transparente e indetectábel, polo operador de telefonía móbel ou polo obxectivo”.

Dúas gravacións ilegais sen resolver: o ministro e o CNI

A denuncia de Justitia et Veritas tamén subliña que comezaron a producirse graves e inexplicabeis gravacións ilegais secretas pouco despois desa compra de sistemas de espionaxe, como se pode ver na páxina 6 dese escrito que reproducimos aquí:

 

Página 6 del escrito de Justitia et Veritas denunciando la compra de spyware israelí por el DAO Eugenio Pino.

Páxina 6 do escrito de Justitia et Veritas denunciando a compra de spyware israelita polo DAO Eugenio Piñeiro.

Coincidentemente, nesas mesmas datas prodúcense dous graves feitos no ámbito policial de interceptacións telefónicas que non deixaron rastro da súa metodoloxía.

1º.- Gravación de conversas entre o que era na altura Ministro do Interior, D.JORGE FERNANDEZ DIAZ e o ex xefe da Oficina anticorrupción de Catalunya D.DANIEL DE ALFONSO LASO no despacho do propio ministro os días 2 e 16 de Outubro de 2014 acerca de casos de corrupción en Catalunya e como os utilizar. Estas conversas foron divulgadas no medio dixital ‘Publico’ no mes de xuño de 2016, con eco noutros moitos medios de comunicación. Tanto o ministro D.JORGE FERNANDEZ Diaz como D.DANIEL DE ALFONSO, nas súas
intervencións na comisión de investigación no congreso dos deputados “sobre a utilización partidista no Ministerio do Interior” recoñecen que ningún deles gravou nin sabía que estaban a ser gravados, (sesión 7 de 5 de abril de 2017). Así mesmo dos relatorios realizados polo Ministerio do Interior e achegados á comisión de investigación, e que aquí revelamos, non foi posíbel determinar cal foi o método da súa gravación, aínda que coa documentación que aquí se achega podería darse explicación áqueles graves feitos delituosos de descubrimento e revelación de segredos en que é vítima o propio Ministro do Interior, tanto máis cando o propio señor De Alfonso na mencionada comisión de investigación insiste en que D.JOSE FONTES GAGO foi o artífice da reunión entre as vítimas da gravación e divulgación destas fitas.

2º.- Gravación, edición e divulgación da reunión mantida entre membros da Unidade de Asuntos internos e componentes do Centro Nacional de Intelixencia e que é obxecto desta peza separada nº2 , en data 20 de Outubro de 2014 na sede da mencionada unidade policial. Segundo foi acreditado na instrución da presente peza esta gravación é realizada através do teléfono do xornalista D.CARLOS MIER , do medio ‘Información Sensible’ vinculado ao comisario xubilado D.JOSE MANUEL VILLAREJO PEREZ -quen se definiu na súa declaración como Adxunto ao Director Adxunto Operativo- sendo o citado medio o primeiro que refire a existencia da desa gravación o 22 de Novembro de 2014.

Todo indica que os sistemas israelitas de espionaxe foron usados para hackear o móbel de Martín-Blas, director de Asuntos Internos, e gravar axentes secretos

De feito, a acusación popular pide que se investigue a compra deses sistemas de espionaxe israelitas, porque todo indica que foron os que se empregaron para gravar ilegalmente a reunión confidencial entre o entón director da Unidade de Asuntos Internos, o seu segundo e tres axentes do Centro Nacional de Intelixencia (CNI). Unha gravísima violación da seguranza do Estado que ten aínda que ser xulgada e cuxa execución non puido ser explicada polos técnicos policiais españois da época.

O comisario Villarejo tivo acceso a esa tecnoloxía e utilizouna -alén de para intervir teléfonos en operacións ilegais privadas polas que cobraba grandes cantidades aos seus clientes, como se está demostrando na causa Tándem- para realizar as gravacións da Operación Cataluña a partir de 2015. Catro anos despois, os técnicos canadianos de CitizenLab descubrirán troianos dese spyware (que acabaría chamándose Pegasus) nos teléfonos móbeis de diversos políticos independentistas cataláns.

A denuncia de Justitia et Veritas xa advertía que a compra ilegal e secreta desa tecnoloxía era dunha gravidade extrema “pois de confirmarse resultaría que a cúpula policial, adquiriría sistemas de escoita e interceptación de comunicacións e sen autorización xudicial poderían gravar ilicitamente conversas mantidas por ministros do Goberno, membros dos corpos e forzas de seguranza do Estado e do CNI”.

Contodo, o fiscal Alfonso San Román desestimou esa oportunidade de investigar o que, como é evidente, era unha operación irregular de compra de sistemas de espionaxe pola cúpula do Ministerio do Interior, e no seu escrito de oposición aduciu -alén de variados obstáculos técnicos- que indagar sobre esa operación non garantía que se fose a desentrañar a misteriosa gravación ilegal de Asuntos Internos e o CNI que se empregou para paralisar a causa do pequeno Nicolás. E acrecentou:

O feito de que o CNP [Corpo Nacional de Policía] compre un concreto software, se finalmente isto for acreditado despois da práctica das dilixencias que se SOLICITAN, non é, en si mesmo, ningún delito. A utilización dese software pola Policía para o cumprimento das súas funcións e conforme aos requisitos legais, tampouco o sería. Alúdese á posíbel existencia de delitos de prevaricación e malversación, como hipótese, se chegar a ser acreditado o que até agora non coñecemos, isto é, que se comprou o software e a adquisición foi feita sen cumprir os requisitos legais sobre contratación administrativa.

 

O fiscal San Román aduciu que a compra de software de espionaxe pola Policía non é delito, mais non quixo investigar se se fixera fóra da lei

 

No entanto, o fiscal San Román tamén recoñeceu que a investigación xudicial que tiña ao seu cargo non obtivera ningún resultado porque tecnicamente se descoñecía se a gravación ilegal no despacho do director de Asuntos Internos fora feita implantando un sistema espía troyano no móbel de Martín-Blas, como concluíra a Comisión Xudicial que o indagou:

A esta conclusión chega a Comisión Xudicial despois de analizar varios indicios que apuntan nesa dirección. Do punto de vista informático, porén, todos os relatorios periciais de Policía Científica realizados afirman que ese móbel non contiña aplicacións daniñas. Por súa vez, o relatorio do Centro Criptolóxico Nacional (CNI) [SIC] afirma que, aínda non contendo esas aplicacións daniñas, é posíbel tecnicamente que tivese instalada unha aplicación daniña e que esa aplicación ou outra eliminase todo vestixio da mesma. É unha posibilidade técnica que descoñecemos se foi ou non utilizada porque, como xa se dixo, non hai rastro algún.

Quer dicir, o Centro Criptológico Nacional veu recoñecer que o nivel tecnolóxico disponíbel na altura en España non permitía saber se ese delito fora cometido mediante sistemas informáticos máis avanzados. Por exemplo os que se producen en Israel para os servizos secretos de todo o mundo, e que é case imposíbel rastrear.

Contodo, o fiscal opúxose a que se estudase a posibilidade de que o móbel de Martín-Blas puidese ser hackeado co spyware comprado aos israelitas,  pesar de non existir xa ningunha outra vía de investigación técnica posíbel.

Foi así que o delito ficou sen ser resolvido.

CARLOS ENRIQUE BAYO 

Público