Ver imagen en Twitter                       Na esquerda o Xefe da Comandancia e Tarragona, Vicente Luengo. Foto: @mossos –

O senador Jon Iñarritu (Bildu) rexistrou un feixe de preguntas sobre a imaxe en que se ve Manuel Murillo, o francotirador de ideoloxía franquista que supostamente queria matar Pedro Sánchez, en compañía de tres cargos da Garda Civil (un deles o Xefe da Comandancia de Tarragona, Vicente Luengo) no que parece ser un acto oficial do corpo armado, lucindo na lapela unha medalla que podería ser unha condecoración.

A imaxe divulgada polo propio senador, é coñecida días despois de saberse que traballara como vixilante de seguranza no Centre de Telecomunicacions i Tecnologies de la Informació (CTTI) onde se sospeita que podería ter colectado información que posteriormente tería pasado á propia Garda Civil.