O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) denuncia a contención mecánica das persoas con transtornos psíquicos.

 

Resultado de imaxes para contencion pacientes tanstornos psiquicos

 

O Movemento Galego da Saúde Mental levou a cabo na mañá do dia de hoxe (07/12/2018), na zona do Obelisco da Coruña, unha demostración para sensibilizar a sociedade e denunciar a contención mecánica a que son sometidas as persoas que padecen transtornos psíquicos ingresadas en centros de carácter sanitario ou residencial. Alí, diante do ollar atento dun nutrido grupo de transeúntes, realizaron unha contención “para sabermos o que é isto”.

Membros do Movemento Galego da Saúde Mental aseguran que na Galiza está a producirse un “aumento mo preocupante con situacións coñecidas escandalosas” e lembran que nos últimos anos foron presentadas diferentes iniciativas para avanzarmos na súa erradicación.

Ver aqui a demostración.

La Voz de Galicia