Barbado e Zelaia serán xulgados o 21 e 22 de xaneiro na Audiencia Nacional española e o fiscal, alén de solicitar 8 anos de prisión para cada un dos xovens, tamén pede 7 anos de liberdade vixiada para cada un deles. Para responder ao xuízo político naceu a iniciativa popular ‘Ankerkeria Stop! Aitor eta Galder aske!’ que convocou unha manifestación para o próximo día 16.
.
.

 

Hai case 24 meses, a mañá da quinta-feira 7 de febreiro de 2019 as especulacións tornáranse virais nas redes e a medida que avanzaba o día a noticia era confirmada: a Ertzaintza detivera o mozo gasteiztarra Aitor Zelaia no centro da cidade e minutos despois facía o mesmo co mozo de Aiaraldea Galder Barbado.

Agora, dous anos despois e en medio a pandemia mundial, un novo xuízo político axexa: os dous mozos alaveses serán xulgados na Audiencia Nacional española. A petición fala por si soa: o procurador solicita 8 de prisión para Zelaia e outros 8 para Barbado, alén de 7 anos de liberdade vixiada para cada un deles.

En concreto, a procuradoría acusa os dous mozos de ‘deposito e tráfico de armas e municións e explosivos e os seus componentes con finalidade terrorista’.

Manifestación no 16 de xaneiro en Gasteiz

Ao mesmo tempo que foron dados a coñecer os pormenores do xuízo, un grupo de amigos, familiares e militantes de diferentes expresións do Movemento Popular de Araba fixeron pública unha nova iniciativa popular coa que pretenden denunciar o enésimo xuízo contra a mocidade vasca: Ankerkeria Stop! Aitor eta Galder aske!. Após a presentación, convocaron unha asemblea aberta para a vindeira segunda feira 11 de xaneiro ás 19:00 na asociación de veciños de Judimendi.

A iniciativa considera que as peticións, alén de ser ‘totalmente desproporcionadas’, van en contra dun ‘pobo que demanda xustiza, democracia e resolución’. Desde Ankerkeria stop! Aitor eta Galder aske! denuncian que Barbado e Zelaia foron encarcerados ‘utilizando probas difusas e agora están inmersos nun proceso kafkiano que pode desembocar en longas condenas e nunha situación de prisión excepcional’.

“Dá arrepíos observar a maquinaria xudicial utilizada contra Galder e Aitor. Non podemos abandonalos: está tan fóra de lugar! Non podemos deixarlles levaren a mellor”, engadiron ao tempo que animaban a participar na manifestación do día 16 de xaneiro que partirá ás 17:30 da praza da Virxe Branca de Gasteiz. Tamén durante os días do xulgamento, haberá mobilizacións tanto en Amurrio como en Gasteiz.

Así mesmo, foi posta en andamento unha campaña de adhesións na páxina web ankerkeriastop.eus que anima a xente a mostrar o seu apoio aos dous mozos con diferentes recursos que estarán na páxina web como fotos de perfil de WhatsApp, opcións de fotografarse co cartaz… E poder difundilo co hashtag #AnkerkeriariSTOP para as redes sociais.

 

                                    Presentación da dinámica ‘Ankerkeria Stop! Aitor eta Galder aske!’

 

 

Un longo histórico de acoso contra Barbado

Galder Barbado xa fora detido no 27 de maioi de 2016 e levado pola Garda Civil ao cuartel de Gasteiz. Foi acusado de enaltecemento do terrorismo pola Gazte Danbada celebrada en Laudio, ainda que foi posto en liberdade apenas unhas horas máis tarde

O xoven denunciara asedio policial anos antes.En 2011 apareceu publicamente xunto con outros tres mozos para facer públicas as ameazas que recebían.

En 2008, con 18 anos, foi interceptado nun control policial na estrada e levado ao monte para bateren nel, segundo denunciou o propio BArbado.

Antes, en 2009, a Ertzaintza obrigara o xoven a entregar cabelos do seu propio corpo para realizar unha proba de ADN e, en 2011, o seu vehiculo aparecera con cola no fecho e a palabra ‘jódete’ escrita na carrocería.

 

https://halabedi.eus/en/aitor-galder-juicio/

La Haine