Os conflitos armados, as pandemias e a crise climática triplican o número de nenos que necesitan asistencia urxente, segundo o ‘Informe de Acción Humanitaria 2023’ de Unicef.
.
.
El mundo sufre la "peor crisis humanitaria" desde la Segunda Guerra Mundial,  según la ONU | MUNDO | PERU21 photo_camera Kanyaruchinya: familias deslocadas despois dos recentes combates no leste da RD Congo. (Foto: Jospin Benekire / Unicef)

 

“Hoxe hai máis nenos e nenas que necesitan axuda humanitaria que en ningún outro momento desde a Segunda Guerra Mundial. O maior empeoramento produciuse nos últimos anos: desde 2015 até o de agora triplicouse o número de crianzas e as súas familias que necesitan axuda humanitaria”.

A advertencia é do director executivo de Unicef España, Chema Beira, que onte deu a coñecer Informe de Acción Humanitaria para a Infancia 2023.

O documento sinala que hai 37 millóns de nenas e nenos desprazados polas crises humanitarias, 400 millóns que viven en zonas de guerra e 1.000 millóns afectados polos impactos máis graves da crise climática. Son as peores cifras desde a Segunda Guerra Mundial, que levan á entidade a facer un chamamento de financiamento de emerxencia por valor de 9.757 millóns de euros para chegar a máis de 173 millóns de persoas.

“Estas necesidades están a aumentar por unha combinación fatal de conflitos, crises migratorias, brotes de enfermidades e taxas cada vez máis elevadas de desnutrición“, situacións ás que se sumou o cambio climático, que afecta “á frecuencia, a intensidade e a duración destas situacións de emerxencia”, precisou Beira.

Unha crise múltiple e simultánea

O número de nenos e nenas que necesitan axuda humanitaria no mundo triplicouse nos últimos sete anos debido á devastadora confluencia de varias emerxencias, que as organizacións humanitarias denominan “a policrise actual”.

Hai 110 millóns de crianzas afectadas por crises humanitarias, os efectos duradeiros da pandemia de Covid-19 en todo o mundo e a crecente ameaza de eventos climáticos severos. A falta de auga é o exemplo da vulnerabilidade extrema, até o punto de que algúns países, especialmente no Corno de África ou o Sahel, están a piques de ser considerados inhabitábeis, segundo Saúl Guerrero, asesor de nutrición de emerxencia de Unicef.

“A falta de auga é imposíbel de adaptar como ser humano. E vemos isto dunha forma moi real no fluxo de nenos que chegan aos centros de tratamento de malnutrición severa destes países. En Somalia recibimos un neno cada minuto”, unha cadencia sen precedentes.

O país vive a peor seca dos últimos 70 anos, despois de catro estacións chuviosas fracasadas e unha quinta en camiño. É un país cuxa alimentación, até este ano, dependía en máis de 90% de Rusia e Ucraína.

Conflitos novos e esquecidos

Ao longo de 2022, as necesidades creceron debido aos efectos da guerra en Ucraína e ao aumento dos prezos dos alimentos. As crianzas son as vítimas máis fráxiles en todas as crises actuais, tanto en novas guerras como en conflitos esquecidos, como a de Siria ou Iemen -o país do mundo con máis desprazados internos-, onde 20% da cativada require un tratamento alimentario que xa se encareceu 16

Déficit de financiamento

Ucraína, Afganistán, a República Democrática do Congo, Siria, Etiopía e Paquistán son os países que enfrontan actualmente as peores crises humanitarias, devastados polas peores inundacións en décadas.

En 2023, apunta Unicef, a tendencia será a un grave empeoramento das crises humanitarias, cun déficit de financiamento para combatelas que supera 60%, o que impedirá poder atender a 600.000 nenos con necesidades urxentes nos próximos meses.

Nós Diario