A Comisión de Acción Exterior, Transparencia e Cooperación do Parlament aprobou na pasada quinta-feira unha proposta de resolución que asegura que o réxime que aplica Israel en Palestina «pode ser considerado crime de ‘apartheid’», algo que apoiaron o PSC-Units, ERC, CUP e Comuns. Junts votou en contra e Vox e Cs abstivéronse.

 

 

Cataluña se convierte en la primera región europea que denuncia un 'apartheid' en Israel

 

Así pois, o Parlament de Catalunya pasa a ser a primeiro de Europa en aprobar unha resolución que sinala Israel como culpábel de cometer ‘apartheid’ contra Palestina.

En concreto, a proposta de resolución rexistrada por ERC, CUP e Comuns e con emendas de PSC-Units «recoñece publicamente que o sistema que aplica Israel nos territorios ocupados é contrario ao dereito internacional e, de acordo coa definición contida no Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional, pode ser considerado crime de ‘apartheid’».

Tamén pide ao Govern utilizar todas as ferramentas da súa competencia para que as autoridades de Israel implementen as recomendacións de Amnistía Internacional e de Human Rights Watch, e que demande ao Goberno central que «non preste axuda nin asistencia susceptíbel de contribuír a manter esta situación», ao que Junts e Cs se opuxeron. Vox abstívose.

Tamén condena a «vulneración de dereitos humanos e todas as prácticas equivalentes ao ‘apartheid’ contra a poboación palestina» e insta o Govern a apoiar ás entidades que traballan sobre o terreo, puntos ante os que se abstiveron Vox e Cs e que apoiou o resto.

A embaixadora de Israel, Rodica Radian-Gordon, pronunciouse a última hora desta quinta-feira através das redes sociais para expresar a súa indignación sobre, no seu parecer, «obsesión antiisraelita». «Condeno enerxicamente a vergoñosa resolución aprobada hoxe pola Comisión de Acción Exterior», sinalou no seu perfil de Twitter.

Promotores

O deputado da CUP Carles Rise sostivo que «só desde o respecto e o recoñecemento do dereito do pobo palestino á autodeterminación dos seus territorios e acabando co réxime de ‘apartheid’» é posíbel conseguir unha paz sustentábel e respectuosa cos dereitos colectivos.

A republicana Meritxell Serret advertiu que a situación «dista de ser unha aposta por unha resolución democrática a un conflito político e dista dunha resposta que respecte os dereitos humanos», e sostivo que a posición das autoridades de Israel alimenta o radicalismo.

Desde os Comuns, Susanna Segovia criticou que existen unha «dous pesos e dúas medidas» cos que foron promovidas sancións pola invasión rusa a Ucraína e que non neste caso, e pediu accións decididas por parte das administracións para non actuaren lexitimando as políticas de Israel.

O socialista Ferran Pedret dixo que a situación «empeora a medida que pasa o tempo, porque a apropiación de terras, recursos naturais e hídricos supón un risco para a viabilidade» da Palestina e a súa continuada territorial, nas súas palabras.

Críticas e dúbidas

Desde Junts, Quim Jubert sostivo que a proposta banaliza o ‘apartheid’, e avisou que aprobala non terá impacto nas políticas de Israel mais pode prexudicar as relacións con Catalunya: «Lamentamos que o noso socio de Govern dea apoio, pondo por diante o seu interese particular aos colectivos e de país».

Matías Alonso (Cs) suxeriu aos grupos proponentes levaren este asunto ás Cortes Xerais, «onde hai unha competencia plena nestas cuestións», e o deputado de Vox Alberto Tarradas limitouse a expresar a abstención do seu grupo parlamentar.

The Objective