Situado a 23 kms ao leste de Xerusalén, o conxunto de casas que alberga 20o persoas pode ser derrubado polo goberno israelita para construir unha estrada que una dous colonatos sionistas. Os últimos meses, a defensa da xente da aldea para evitar a demolición converteuse na punta-de-lanza da resistencia palestina diante do embate do colonialismo israelita.

 

 

Khan al Ahmar é un dos dezaoito poboados beduinos en territorio palestino ocupado da Cisxordania en risco de demolición por orde de Israel, apesar de as súas residentes e activistas palestinas reunirense hai meses e resistiren a estocada final. Situado a 23 kms ao leste de Xerusalén, por debaixo da estrada, chégase alí através dunha autoestrada rodeada polas montañas peladas do deserto que conecta a Cidade Santa con Xerió e o Mar Morto. Os últimos  meses, a defensa da xente da aldea para evitar a demolición converteuse na ponta-de-lanza da resistencia palestina diante do embate do colonialismo sionista.

 

A nova infraestrutura conectaría os dous colonatos israelitas da zona, Kfar Adumim, no norte, e Ma’ale Adumim, no sul, que com máis de 36.000 residentes é un dos principais asentamentos xudeus da Cisxordania.

 

No poboado, que se ergue sobre unha colina, moran unhas 200 persoas, das que 90 son crianzas. Os seus habitantes, que viven en cabanas construídas con todo tipo de materiais, dedícanse en grande medida á gandaria transhumante, mais poderían perder as súas moradas e o seu modus vivendi de tradición nómada se Israel leva a cabo o chamado corredor E-1. Este proxecto prevé a construción dunha nova arteria viaria para conectar os dous colonatos israelitas da zona, Kfar Adumim, no norte, e Ma’ale Adumim, no sul, que com máis de 36.000 residentes é un dos principais asentamentos xudeus da Cisxordania.

O proxecto urbanístico implica demolir Khan al Ahmar, un punto estratéxico por onde pasaría a estrada israelita que se quer construir. A infraestrutura crearía unha faixa que dividiría o territorio palestino en dúas metades, isolaría os diferentes núcleos de poboación palestina da zona e partiría a continuidade territorial entre Xerusalén e o resto da Cisxordania, deixando ainda máis isolada a capital histórica reivindicada pola populación palestina.

A non-violencia como bandeira

Un dos puntos máis emblemáticos de Khan al Ahmar é a súa escola, unha estrutura temporal levantada com 2.000 pneumáticos e arxila, que serve como centro educativo para as crianzas duns 46 poboados da zona. A súa demolición, así como a do resto do poboado, suporía un desastre para as comunidades locais e, durante os últimos meses, a causa contra a súa demolición aglutinou a sociedade palestina, con todo tipo de amostras de solidariedade coa aldea e a súa loita, que teñen a non-violencia como bandeira. Desde comezos do verao, millares de activista palestinas, alguns israelitas e tamén internacionais congregáronse de maneira constante no poboado e puxeron o corpo cada vez que as forzas policiais israelitas entraban, con decenas de persoas feridas e detidas.

 

Vista xeral do poboado de Khan al Ahmar, situado a 23 quilómetros de Xerusalén

 

Segundo o líder comunitario Abú Hamis, as autoridades israelitas teñen no punto de mira Khan al Ahmar “porque é o maior poboado” da zona, e “se o deitan por terra o resto será máis fácil”. Aliás, o núcleo beduíno está na denominada área C da Cisxordania, sob control militar e administrativo de Israel na súa totalidade, que immpón a xurisdición militar á populación palestina e, segundo denuncian moitas asociacións de defensa dos dereitos humanos, non concede permisos de construción para construir casas ou outros tipos de infraestruturas que son necesarias para o desenvolvemento económico palestino.

Diante a dresistencia popular, o Goberno israelita ofreceu diversas localizacións alternativas á populación durante os últimos meses. Entre estas, un espazo afastado, na zona de Xericó, que isolaría en grande medida os seus habitantes, encanto que anteriormente propuxera como localización alternativa unha zona próxima á poboación cisxordana de Abú Dis, situada ao pé dunha estrumeira.

A incerteza da demolición

No entanto, no pasado 20 de outubro, o primeiro ministro israelita, Benjamin Netanyahu, anunciou que pospuña a demolición de Khan al Ahmar co protexto de agardar até poder negociar unha solución, mais despois de algúns dos seus socios da coaligación gobernamental, como a formación de ultradereita relixosa Lar Xudeu, exerceren presión esclareceu que logo comezará a demolición do poboado beduíno e que mesmo se están realizando xa os preparativos para a súa evacuación. “Agora mesmo a situación é incerta, poden voltar en calquera momento, por iso ainda estamos aquí”, declara Abdullah Abu Rahma, coordenador de Save Khan al Ahmar.

 

Despois de algúns dos seus socios da coaligación gobernamental, como a formación de ultradereita relixosa Lar Xudeu, exerceren presión Netanyahu esclareceu que a demolición do poboado beduíno comezará logo.

 

Até agora, case cada sexta feira ten lugar unha concentración de rexeitamento á demolición do poboado beduíno e entre os activistas que amiúde fan acto de presenza está Yehuda Schwatz, membro de Rabinos polos Dereitos Humanos, unha asociación que agrupa centenares de relixiosos xudeus progresistas contrarios á ocupación dos territorios palestinos. Para o activista xudeu, os colonos etablecidos na Cisxordania “non representan a visión da Torá” que transmite o xudaismo e o goberno de Israel “manipula” a opinión pública cando xustifica a demolición e a expulsión dos habitantes de Khan al Ahmar sob o pretexto de seren beduínos de orixe nómade, “sen ter en conta que levan case sete décadas establecidos na aldea”.

Khan al Ahmar existe desde comezos dos cincuenta, cando as súas habitantes se estableceron no lugar despois de ser expulsadas por Israel do deserto do Négueb durante a Nakba (Catástrofe ou desastre en árabe) de 1948, o período en que o pobo palestino foi expulsado das terras e casas onde fuxira despois da creación do Estado de Israel.

Contodo, as autoridades israelitas tamén recibiron moita presión internacional para non proceder á demolición. Entre outras, organizacións supranacionais como as Nacións Unidas, o Tribunal Internacional de Xustiza, o Parlamento Europeo ou a asociación Amnistía Internacional afirmaron que a demolición de Khan al Ahmar podería constituir unha violación do dereito internacional que podería ser considerada crime de guerra.

Ferran Domènech | @ferranmanlleu

La Directa