No ano pasado, o Reino de España caeu á súa peor clasificación da historia no índice de percepción da corrupción que realiza Transparencia Internacional (TI) despois de alguns anos en que tiña conseguido mellorar levemente, situándose no mesmo nível de 2015 (58 puntos) e colocándose no lugar 41, por detrás de estados como Botswana, Catar ou os Emiratos Árabes. Mais este ano ainda conseguiu peorar o seu récord: 57 puntos e lugar núm. 42.
Se en 2017 o Reino de España afundía en comparación co resto dos estados integrantes da UE, entrando no pelotón dos que se aproximaban perigosamente da corrupción sistémica, como Xeorxia e a República Checa, este ano, con Chequia dous lugares por diante e a Xeorxia con apenas 1 punto menos, as cousas parecen estar ainda máis complicadas.
Latvia, Lituania, Polonia, as Seychelles, Catar, os Emiratos Árabes,… situánse moi por riba do Reino de España. Para nada dicir sobre os estados do nosso contorno máis próximo, todos con máis de 80 puntos e ocupando os primeiros lugares do ránking.
Fonte: Transparency Internaciontal