O Reino de España reforza o ministerio do Interior marroquino con cámaras térmicas e visores nocturnos após a crise migratoria dos últimos meses.

 

En plena guerra del Sáhara Occidental, España dona a Marruecos sistemas militares de vigilancia nocturna de alta precisión

 

O Goberno de España gastou 10,6 millóns de euros en dotar as forzas de seguranza marroquinas con material de vixilancia nocturna e cámaras sofisticadas, segundo informa El Confidencial. Desta feita, o estado español pagará as cámaras térmicas e visores nocturnos para as tarefas de vixilancia do seu veciño africano.

Segundo o goberno de coalición, a compra será sufragada por fondos europeos e o Executivo do PSOE /UP ten previsto gastar outros 7,8 millóns de euros destinados a sufragar outras 98 cámaras de visión térmica, e outros 12 millóns de euros para dotar ás autoridades policiais marroquinos con 168 vehículos.

Estas partidas chegan despois da recente crise migratoria dos últimos meses, cando chegaron a costas españolas perto de 31.678 inmigrantes, a maioría deles marroquinos.

Entretanto, a tensión no Sahara Occidental chega a alturas preocupantes despois de dous meses de escaramuzas e ataques relámpagos do exército saharauí, entre onte e hoxe o Exército de Liberación Saharauí atacou as tropas e blindados marroquinos ao redor da zona en Smara, Auserd e Hauza, segundo o ministro de defensa saharauí.

Desde o pasado 13 de novembro a única pasaxe fronteiriza ilegal utilizada por Marrocos para conectarse co resto de África está no centro da crise. Houbo confrontos entre o Exército saharauí e Marrocos para abrir a pasaxe. Días antes, o rei de Marrocos Mohamed VIN ameazou con atacar duramente os manifestantes saharauís no Guerguerat, en tanto a Frente Polisario ordenou á alerta máxima de combate, as forzas de ocupación marroquinas cumpren as palabras do rei e a guerra gaña en intensidade.

Insurgente