O Reino de España é o estado da Unión Europea (UE) con máis casos de infracción abertos por transposición incorrecta ou aplicación errónea de directivas europeas. Con 53 casos abertos, o estado español sitúase por diante de Italia, con 47, e de Grecia, con 42.

 

La Comisión Europea denuncia a España ante el TJUE por no ...

 

Xunto con Grecia, España tamén é o estado que máis casos de infracción tiña abertos en 31 de xullo do 2019. O relatorio anual da Comisión Europea sobre a aplicación do dereito europeo sinala que o Reino de España fechou o 2019 con 85 casos de infracción. Alén dos 53 anteriores, 18 máis son por chegar tarde á transposición de infraccións e os 14 restantes por infraccións en regulacións, tratados ou decisións.

O relatorio recolle unha mellora do estado español a respecto de casos de infracción, que baixan de 97 casos abertos en 2018 a 85 en 2019. Así, foron abertos 31 novos casos no ano pasado, a maioría relacionados con medio ambiente, mercado interno, industrial e pemes e impostos.

Ainda non hai un mes que a Comisión Europea publicou outro relatorio en que tamén situaba o Estado nun dos últimos lugares en percepción de independencia xudicial. No estudo víase que un 50% dos cidadáns consideraban mala ou moi mala a independencia xudicial española, e un 45% atribuíano a inxerencias da clase política nos tribunais.

Como nas infraccións na aplicación do dereito, hai un ano o Reino de España xa era o cuarto estado da UE coa peor percepción de independencia xudicial, cando caeu da sexta posición á cuarta.

Relatorio

El Nacional