A Administración española puxo en perigo o dereito á vida e á integridade física e moral dos menores e iso viola o artigo 15 da constitución española.

.

 

Varios agentes acompañan a menores no acompañados hacia una furgoneta en Ceuta    Axentes introducen menores sen acompañamento nunha furgoneta. Reduan / Europa Press

 

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSJA) ratifica que o Reino de España vulnerou os dereitos fundamentais das crianzas repatriadas a Marrocos en agosto de 2021.Os maxistrados desestimaron o recurso interposto pola cidade autónoma de Ceuta e a súa Delegación do Goberno ante a sentenza que o Xulgado do Contencioso-Administrativo ditou no pasado mes de febreiro, en que se declaraba que a Administración violou o artigo 15 da Constitución española.

Segundo establece a Carta Magna, “todas teñen dereito á vida e á integridade física e moral, sen que, en ningún caso, podan ser sometidas a tortura nin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes”. O TSJA lembra na súa        sentenza que pór en perigo este dereito é suficiente para o infrinxir. A Administración repatriou as crianzas sen coñecer con certeza a súa identidade nin garantir as implicacións que tería as devolver.

A Delegación do Goberno en Ceuta non individualizou “os expedientes de retorno de cada menor afectado” e, alén diso, “omitiu todos os trámites esenciais e cautelas procidimentais de obrigado cumprimento para a repatriación”, ratifica o Tribunal, conforme ao que xa declarara o Xulgado do Contencioso.

A Xustiza resolveu unha apelación presentada contra a sentenza dun recurso interposto pola Asociación Coordenadora de Bairros para protexer os dereitos fundamentais de oito menores que chegaron sen acompañamento e que se viron afectados polas repatriacións. Ainda está pendente outra apelación por resolver sobre o caso doutras 12 crianzas en circunstancias similares ás que representaron a Coordenadora de Bairros e a Fundación Raíces.

 

Patricia Fernández,avogada, “Urxe unha política de migracións que respecte os dereitos humanos”.

 

“Urxe unha política de migracións que respecte os dereitos humanos e protexa os máis vulnerabeis, nomeadamente cando son nenos, nenas e estáns sós”, sinala Patricia Fernández, avogada da Coordenadora en declaracións a que tivo acceso Público. Tamén denuncia a actuación do Estado frente ao salto da cerca de Melilla no 24 de juño, cuxa xestión lembra a do pasado mes de agosto.

Os menores entraron no país en maio de 2021 desde a fronteira do Tarajal, que abriu Marrocos para xerar unha presión migratoria sobre o estado español, despois de este ter acollido nun hospital de Logroño o líder da Frente Polisario e presidente da República Saharaui, Brahim Gali. Porén, a sentenza resalta que esta crise “en absoluto autorizaba o Reino de España escusar o seu sometemento ao imperio da Lei”.

Por temor a seren expulsos a Marrocos, até 80 menores acudiron aos avogados e avogadas de varias organizacións. Entre eles, os 20 representados pola Coordenadora de Bairros e a Fundación Raíces. O Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ceuta ordenou paralisar cautelarmente as repatriacións sen garantías e sentenciou en ambos os recursos que a Administración actuou sen amparo legal e vulnerou dereitos fundamentais destas crianzas.

Público