Nas entrañas do Majzén, os estrategas do servizo secreto esfórzanse por conseguir os mellores resultados da súa maquinaria de propaganda. Entretanto, o presidente Sánchez, en lugar de condenar os crimes contra a poboación saharauí, alenta e encobre o réxime que os comete.

 

Cesión histórica de Pedro Sánchez al reconocer el "plan de autonomía" de Marruecos para el Sáhara

Abderrahman Buhaia

Na pasada segunda-feira  28 de novembro, nunha homenaxe no Ateneo de Madrid á escritora Almudena Grandes, falecida hai un ano, Pedro Sánchez vaticinaba: “Unha das cousas polas que pasarei á historia é por exhumar o ditador do Valle de los Caídos”. Ao presidente esquecíalle que a Historia é un río enorme que flúe cun caudal potente e vertixinoso que só deixa en pé aquelas árbores firmes que teñen raíces sólidas, em tanto a follada fica nas marxes e desaparece no esquecemento. Na parte baixa deste río, costuma haber tamén unha lagoa de augas estagnadas, onde se acumulan os residuos que destacan polo seu putrefacción. Iso é o que fai a Historia cos homes: A uns, elévaos ao máis alto, polas súas virtudes e o seu valor; a outros, esquéceos porque son evanescentes, e a outros, atíraos á lagoa da ignominia, por infames e canallas.

Si, a exhumación do ditador do Valle de los Caídos é un acto simbólico digno de ser louvado. Mais, se por detrás dese acto, non existe unha convicción profunda e incuestionábel do que é xusto e o que non o é, ese acto fica apenas niso: un mero acto simbólico. O señor Sánchez demostrounos, e con fartura, que a exhumación do ditador do Valle de los Caídos, supón un simples acto propagandístico co que pretende infiltrarse no impetuoso caudal do río da Historia. Mais o líder do PSOE é o home das dúas caras. Nunha man sostén unha rosa, e coa outra estreita a man ensangrentada dun xenocida, a de Mohamed VI. Un rei ao que o presidente Sánchez gaba e consente, e que encabeza un réxime terrorista contra o pobo saharauí. Sánchez sábeo e o mundo enteiro tamén.

 

O número de saharauís desaparecidos nas escuras garras do Majzén (dos que ninguén voltou a saber) é descoñecido. O único que sabemos é que son máis de 600 almas. Non hai forma de saber o seu paradeiro

 

E é que, quen tamén é coñecido como M6, converteu o Sahara Occidental, que, até onte, era a provincia 53 do Estado español, nun colosal campo de concentración nazi, cercado por un muro de 2720 Km –sementado con minas de todo tipo–. Este muro, pola súa lonxitude e pola cantidade de minas sementadas  (entre 10 e 40 millóns de minas) é considerado actualmente o maior campo minado do mundo.

A policía do Majzén, imaxe copiada da macabra Gestapo, masacra, diariamente, desde hai máis de catro décadas, a poboación civil saharauí —xovens, anciáns, mulleres e crianzas— pisando, ao seu bel-pracer e a plena luz do día, os dereitos humanos máis elementares.

O número de saharauís desaparecidos nas escuras garras do Majzén (dos que ninguén voltou a saber) é descoñecido. O único que sabemos é que son máis de 600 almas. Non hai forma de saber o seu paradeiro. Quen ousa preguntar por eles, é logo engulido pola maquinaria represiva do Majzén. Nos cárceres de Kenitra, Maguna, Tazmamaret, o cárcere Negro do Aiún e outros cárceres secretos do réxime alauita, os presos agonizan e son vexados e torturados até a morte, sen dereito sequera a coñecer os cargos de que son acusdos, e moito menos a aspirar a un xulgamento xusto.

A faceta terrorista do réxime alauita, a práctica do terrorismo de Estado, non é algo novo, máis ben, é algo estrutural e sistémico que se remonta ao seu mesmo nacemento como Estado. Os saharauís —e os españois tamén— comezamos a coñecelo na noite do 22 de xaneiro de 1975, cando ás dez menos cinco, fomos sobresaltados pola explosión simultánea de tres bombas en diferentes lugares do Aiún. A partir dese día, sucedéronse na capital, de forma intermitente e ao longo de 1975, unha serie de atentados —executados por axentes baixo as ordes directas do coronel Ahmed Dlimi— que ceifaron a vida de numerosos civís (entre eles crianzas de pouca idade) e deixaron mutilados outros tantos.

No ano seguinte, o exército marroquino bombardea con napalm e fósforo branco o campamento de Um Dreiga, en que se concentrara parte da poboación civil —maioritariamente anciáns, mulleres e crianzas— que fuxía da represión, cara á veciña Alxeria. As imaxes de mulleres e crianzas, decimadas polas bombas e tiznados de fósforo branco, dan a volta ao mundo, que, impasíbel,as  contempla con indiferenza.

 

Na guerra que libra actualmente co Exército Popular de Liberación Saharauí, recorre novamente a práctica do terrorismo de Estado que caracteriza o Majzén, utilizando sofisticados drones contra civís indefensos

 

Na guerra que libra actualmente co Exército Popular de Liberación Saharauí, recorre novamente a práctica do terrorismo de Estado que caracteriza o Majzén, utilizando sofisticados drones contra civís indefensos. Apesar de estes artefactos teren unha alta precisión, son tele-dirixidos intencionadamente con aleivosía e asañamento, contra persoas cuxo único delito é posuír algunhas cabezas de gando no medio do deserto ou tratar de gañar a vida a duras penas neste medio hostil, asasinando cidadáns saharauís, alxerinos e mauritanos.

Nas profundas e escuras entrañas do Majzén, os estrategas do servizo secreto traballan día e noite esforzándose en conseguir os mellores resultados da maquinaria de extorsión e propaganda majzenita. Contodo, o presidente Sánchez, en lugar de condenar e repudiar estes feitos, alenta e encobre o réxime que os comete. Así, o seu nome, igual que o de Carlos Arias Navarro, sempre estará ligado á infamia de vender o Sahara Occidental a un sátrapa mesquiño que encabeza un réxime terrorista. Se quere saber onde está o seu lugar na Historia, debe buscalo na lagoa da ignominia.

El Salto Diario