O Síndic de Greuges instou no pasado 28 de decembro os servizos prisionais a limitar as medidas de contención mecánicas para as persoas presas e que sexan aplicadas unicamente seguindo criterios médicos.

 

Resultado de imaxes para sindic greuges contencion prisiones

 

Esta é unha das conclusións do oitavo relatorio anual que o Mecanismo Catalán para a Prevención da Tortura (MCPT) do Síndic de Greuges entregou ao presidente do Parlament, Roger Torrent.

A contención ou suxeición mecánica é unha medida que utilizan os centros prisionais para evitar situacións de agresividade ou violencia.

Segundo o adxunto xeneral do Síndic de Greuges, Jaume Saura, as contencións mecánicas “poden ser puntuais, mais non deben converterse nunca nunha sanción”.

O Síndic de Greuges, Rafael Ribó, sinalou que o obxectivo “sería atinxir a contención 0, potenciando os protocolos de contención xerais e específicos”, xa que a contención mecánica “debería ser algo moi excepcional e exclusivamente sanitario, polos riscos que pode comportar ás persoas”.

Ribó reclamou que “a contención debería ter un seguimento e finalización que responda a criterios exclusivamente médicos”, e no caso de levarse a cabo, o MCPT insistiu en que a práctica “debe ter a menor duración posíbel e debe ser monitorizada polos servizos sanitarios exclusivamente”.

O Síndic tamén pediu unha “revisión urxente para baixar os prezos de todos os produtos que comercializan os centros prisionais, especialmente os de primeira necesidade e moi especialmente os produtos de hixiene feminina, que achamos estaren atrasados”.

Rafael Ribó admitiu que “hai temas pendentes” como a perspectiva de xénero nos sistemas prisionais e que han de contrarrestar “con políticas públicas que contemplen a desigualdade de xénero que se manifesta no ámbito de traballo, educación ou as condicións arquitectónicas dos centros”.

Ribó tamén alertou sobre o aumento na ocupación dos centros de xustiza xuvenís, o que debería repercutir no traballo educativo para os mozos e mozas.

Por contra, o Síndic mostrou a súa preocupación por unha posíbel mudanza na dinámica educativa cara a unha intervención máis disciplinar, como recolle o relatorio.

La Vanguardia