O Síndic de Greuges abriu hoxe unha actuación de oficio para garantir os dereitos do catro políticos cataláns presos durante a súa greve de fame e pediu ao Tribunal Constitucional que trate con “máxima urxencia” os recursos sobre a súa liberdade.

Rafael Ribó ACN

 

O Síndic de Greuges informou hoxe que está en contacto coa dirección xeral de Servizos Penitenciarios e a dirección da prisión de Lledoners “para supervisionar a aplicación do protocolo que se segue nestes casos”. Tamén se puxo en contacto coa comisión de seguimento da greve de fame, creada polo Colexio Oficial de Médicos de Barcelona.

Rafael Ribó pediu ao Constitucional que os recursos de amparo presentados polos líderes independentistas, xa admitidos a trámite, sexan tramitados e resolvidos de acordo co procedemento establecido á Lei Orgánica do Constitucional e “sen dilacións indebidas”.

Tramitación preferente
O Síndic considera ilustrativo que o artigo 507 da Lei de Axuizamento criminal outorgue aos tribunais penais ordinarios un máximo de trinta días para resolveren recursos ante decisións que decreten ou prolonguen a prisión preventiva. Consciente da carga de casos pendentes no Constitucional, o Síndic estima que “os recursos de amparo que teñan por obxecto a liberdade dunha persoa teñen de ser considerados de tramitación preferente e tratados coa máxima urxencia, como xa fixo nalgunhas ocasións o mesmo Constitucional”, afirma nun comunicado.

Pola contra, “as dilacións excesivas na resolución destes recursos poderíanse considerar como denegación de xustiza e poderían abrir a porta a recorrer por violacións do Convenio Europeo de Dereitos Humanos ante o Tribunal Europeo, sen esgotar todos os recursos internos”, engade.

El Nacional