O testemuño de dous mossos foi concludente para que a Audiencia Provincial condenase a cinco anos de cárcere un escocés polos protestos que tiveron lugar en 2021 despois do encarceramento do ráper Pablo Hasél.

 

Libertades civiles | El testimonio de dos Mossos, única prueba para la condena a cinco años de cárcel para William Aitken - El Salto - Edición General                                          O escocés William Aitken. Fotografía da Directa

 

As consecuencias do encarceramento do ráper Pablo Hasél polas letras das súas cancións continúan gotexando. Esta mañá, Vilaweb publicou que o cidadán escocés William Aitken foi condenado por delitos de desordes públicas e atentado contra a autoridade a cinco anos e un día de prisión pola súa participación nos protestos pola libertade perdida do ráper de Lleida.

Apesar de ser o único informe incriminatorio contra el, o testemuño de dous mossos foi ‘absolutamente concludente’ para a condena. A Audiencia Provincial de Barcelona considera probado que Aitken moveu colectores de lixo para atrapallar a represión policial dos protestos e que posteriormente os incendiou. É acusado tamén de romper a calzada cun monopatín e de atirar pedras, aínda que non se certifica que estas atinxisen ninguén.

Aitken negou desde o inicio os feitos e referiu que non acudiu á manifestación senón que topou con ela cando montaba en monopatín cos seus amigos. Despois de facer fotos dos disturbios, un axente atirouno ao chan e pasou a estar detido.

Despois dos feitos, o xulgado de instrución 4 de Barcelona decidiu que Aitken continuase en prisión preventiva durante 36 días por ‘risco de fuga’ apesar de que o escocés mantén unha relación en Barcelona, onde vive tamén o seu irmán e onde el mesmo reside desde hai cinco anos. Deste xeito, converteuse no único dos 33 detidos durante os protestos que estaba en prisión preventiva acusado dos feitos polos que agora é condenado en firme.

David Aranda, avogado de Aitken puxo en dúbida desde o inicio do proceso “a cualificación inicial dos feitos dun delito contra a autoridade” e defendeu que os feitos non superarían en ningún caso unha condena de dous anos e un día, que é o mínimo requirido para entrar en prisión en caso de condena firme.