A Cámara de Apelacións do Tribunal Penal Internacional (TPI) convocou unha vista oral para o próximo 1 de maio co obxectivo examinar o recurso presentado contra a decisión da Fiscalía de non investigar neste tribunal o ataque israelita á Flotilla da Liberdade en que morreron dez activistas turcos en 2010.

 

Palestina4

 

A vista servirá para expor as posicións da Fiscalía e as partes que presentan o recurso: as vítimas do ataque e o Goberno de Comores, país baixo cuxa bandeira navegaba o buque principal da flotilla, o ‘Mavi Marmara’.

A vista oral será perante os cinco xuíces da Cámara de Apelacións, incluída a xuíza presidenta para esta apelación, Solomy Balungi Bossa.

«A xulgar polas preguntas, a Cámara de Apelacións parece estar en contra da Fiscalía», explicou un dos avogados implicados. Para o Movemento Gaza Libre estas son «moi boas noticias».

Esta vista é resultado do recurso presentado o 14 de maio de 2013 por Comoros e todas as vítimas que esixen xustiza. Contodo, a Fiscalía do TPI anunciou o 6 de novembro de 2014 que non se abriría unha investigación apesar de a conclusión ser que este ataque podería supor un crime de guerra.

A decisión foi recorrida en varias ocasións desde 2014 por erros na decisión da Fiscalía que resultaron en peticións para que o organismo reconsidere a súa decisión, o cal deberá producirse antes do 15 de maio de 2019. A decisión entón será definitiva.

Isto implica «unha ocasión importante e histórica» porque este tipo de vistas orais «nunca ocorren», destacou o Movemento Gaza Libre.

Movemento Gaza Libre

O Movemento Gaza Libre é unha coalición de organizacións non gobernamentais que impulsou en 2010 a Flotilla da Liberdade, unha iniciativa con seis embarcacións para romper o bloqueo israelita sobre a Franxa de Gaza levando por mar toneladas de axuda humanitaria para o enclave palestino.

Na iniciativa participaban uns 600 pasaxeiros de 37 nacionalidades e organizacións como o española Rumbo a Gaza ou a turca IHH.

A flotilla foi interceptada en augas internacionais por efectivos das forzas especiais do Exército israelito e o asalto provocou a morte de dez activistas turcos e a captura das embarcacións.

Israel pagou uns 20 millóns de dólares como indemnización ás familias das vítimas do asalto.

Naiz