A decisión foi adoptada a raíz do caso dun sindicalista galego, acusado por 3 militares de “aldraxe á bandeira” nun protesto laboral en Ferrol en 2014.

 

El Tribunal Constitucional avala que quemar la bandera de España es un delito de ultraje a la nación

 

 

O Tribunal Constitucional avala que queimar a bandeira de España é un delito de “aldraxe á nación”. Unha decisión que os maxistrados toman na secuencia do caso en torno a un sindicalista da CIG, acusado por 3 militares de “aldraxe á bandeira” nunha protesta laboral en Ferrol en 2014.

A queima da bandeira para a maioría dos maxistrados é considerada un delito, en tanto outros pediron a absolución do sindicalista.

En concreto, o maxistrado Ollero,  que pedía a absolución entende que a liberdade de expresión e o dereito á actividade sindical están por riba dos límites que marca o delito de aldraxeá bandeira.

Andrés Ollero, responsábel de redactar o relatorio da sentenza, pedía que fose admitido o recurso de amparo do recorrente, mais esta opinión dividiu o tribunal. Seis dos maxistrados votaron en contra da absolución e outros cinco deron apoio a Ollero.

Ante estes resultados, pediuse a Ollero que redactase un novo relatorio, acorde co que pedía a maioría, ao que este se negou.

Ademais, anunciou que cando o tema voltar á mesa do  TC presentará un voto particular explicando se pode pedir “prender lume ao raio da bandeira” durante o desenvolvemento dun protesto sindical sen que iso implique unha condena por aldraxe.

O recurso presentado polo sindicalista galego Pablo Fragoso encaixa na xurisprudencia do Tribunal dos Dereitos Humanos da Unión Europea e así se fixo explícito durante o debate ao que asistiron os membros do pleno do Tribunal Constitucional.

Se o sindicalista for condenado, segundo Ollero, o Constitucional estaría de novo en risco de ser corrixido por Europa, un argumento que non pareceu importar ao resto de maxistrados, que se mantiveron na súa posición e abriron unha guerra xudicial.

Nós Diario