Francis Franco (net Franco) Europa Press            Francis Franco (net Franco) Europa Press

 

O Constitucional encerra así, segundo explica El País, o proceso xudicial contra Francis Franco, que o foi condenado a dous anos e cinco meses de prisión polos delitos de atentado á autoridade e condución temeraria por un xulgado de Teruel. Despois, contodo, foi absolvido pola Audiencia Provincial.

Os feitos pasaron o 30 de abril do 2012, cando dous axentes da Garda Civil deron o alto a un vehículo que circulaba en sentido contrario e coas luces apagadas pola N-234. O condutor fuxiu e foi perseguido durante 30 quilómetros polos axentes, que finalmente puideron deter o vehículo.

Un dos ocupantes do vehículo apuntou os axentes cunha escopeta en tanto o condutor embestiu, facendo marcha atrás, á patrulla policial e feriu un axente. O vehículo foi localizado horas despois e comprobouse que estaba a nome dunha sociedade propiedade do fillo de Francis Franco.

Pouco verosímil
O xulgado de Teruel condenou Francis Franco, despois de un dos axentes recoñecer o neto do ditador como o condutor do vehículo. Ao contrario, a Audiencia de Teruel considerou que a sentenza era pouco verosímil xa que o neto do ditador asegurou que aquel día estaba en Madrid. Agora o Constitucional entende que o recurso de amparo presentado por un dos axentes non ten “a especial transcendencia constitucional” que esixe a lei para que o alto tribunal estude o caso.

El Nacional