O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos avalou esta quinta-feira as devolucións en quente de dous inmigrantes subsaharianos que foron expulsos logo após saltaren a cerca de arame de Melilla en 2014, porque se puxeron eles mesmos nunha situación de ilegalidade”, ao accederen “a lugares non autorizados” e “recorrendo á forza”.

tribunal europeu drets humans tedh - acn

 

O fallo a favor do estado español engade que os inmigrantes “decidiron non utilizar as entradas legais existentes que lles permitisen acceder de modo regular ao territorio español” e revoga desta forma a sentenza condenatoria da Sala de 2017 por “expulsión colectiva sen medida xudicial previa”.

Segundo a sentenza ditada por unanimidade de 17 xuíces da corte europea, España non vulnerou o artigo 13 (Dereito a un recurso efectivo) nin o artigo 4 do Protocolo 4 (Prohibición de expulsións colectivas) do Convenio Europeo de Dereitos Humanos.

O fallo, contra o que non cabe recurso e que esperaban con atención os gobernos europeos, di que Estrasburgo “non pode facer responsable ao Estado da ausencia en Melilla dunha vía de recurso legal que lles permitiu recorrer a expulsión”. A ausencia desa vía legal, engade, “non constitúe por se mesma unha violación do artigo 13 do Convenio”.

Lembra o tribunal que os demandantes tiveron a posibilidade “de dispor dun acceso real e efectivo ao territorio español no posto fronteirizo de Beni-Enzar”, do mesmo xeito que ás embaixadas e consulados españois. Os demandantes chegaron a Marrocos entre finais de 2012 e comezos de 2013 e acamparon varios meses no campamento improvisado do monte Gurugú até saltar o valo o 13 de agosto de 2014, xunto a case un centenar de subsaharianos.

Unha vez expulsados, repetiron o intento en outubro e decembro de 2014. O primeiro foi reenviado a Mali e o segundo atópase nalgún lugar de España.

O fallo a favor do Reino de España engade que os inmigrantes “decidiron non utilizar as entradas legais existentes que lles permitisen acceder de modo regular ao territorio español” e revoga desta feita a sentenza condenatoria da Sala de 2017 por “expulsión colectiva sen medida xudicial previa”.

Segundo a sentenza ditada por unanimidade de 17 xuíces da corte europea, o Reino de España non vulnerou o artigo 13 (Dereito a un recurso efectivo) nin o artigo 4 do Protocolo 4 (Prohibición de expulsións colectivas) do Convenio Europeo dos Dereitos Humanos.

O fallo, contra o que non hai recurso e que esperaban con atención os gobernos europeos, di que Estrasburgo “non pode facer responsábel o Estado da ausencia en Melilla dunha vía de recurso legal que lles permitise recorrer a expulsión”. A ausencia desa vía legal, acrecenta, “non constitúe por se mesma unha violación do artigo 13 do Convenio”.

Lembra o tribunal que os demandantes tiveron a posibilidade “de dispor dun acceso real e efectivo ao territorio español no posto fronteirizo de Beni-Enzar”, do mesmo xeito que nas embaixadas e consulados españois. Os demandantes chegaron a Marrocos entre finais de 2012 e comezos de 2013 e acamparon varios meses no acampamento improvisado do monte Gurugú até saltar a cerca de arame o 13 de agosto de 2014, xunto con case un centenar de subsaharianos.

Unha vez expulsos, repetiron a tentativa en outubro e decembro de 2014. O primeiro foi reenviado a Mali e o segundo está nalgún lugar do Reino de España.

El Nacional