A sentenza que imos analisar ten tres temas diferentes que deben ser subliñados. Estes temas son: os dereitos das persoas internas, os poderes da Administración para limitar eses dereitos e os límites desa minoración de dereitos.

 

Resultado de imaxes para dispersión alejamiento penitenciario

 

Este titular é debedor das afirmacións recollidas na prensa con motivo da recente Sentenza do TEDH que se pronunciou sobre os dereitos das persoas en prisión. Apesar de ratificar o Tribunal a política concreta seguida no caso en cuestión, é imprescindíbel analisar a doutrina do TEDH que se deriva da meritada Sentenza.

A primeira cuestión a sinalar é a ausencia de referencia a dous termos cuxo alcance é preciso concretar. É totalmente necesario, nun debate sobre política prisional, diferenciar entre dispersión e afastamento. Son dous termos con diferente significado, con independencia da opinión que nos mereza a política prisional levada a cabo con eses títulos. A dispersión non esixe o afastamento. Pode producirse a dispersión asignando as persoas en prisión a cinco centros próximos xeograficamente, sen necesidade en envialos a mil quilómetros de distancia. Da mesma forma esas persoas poden estar en centros afastados mais non estar dispersas. Así sería o caso se se envía esas persoas a unha prisión situada a mil quilómetros, mais estando todas elas no mesmo centro. No primeiro caso hai dispersión sen afastamento. No segundo caso hai afastamento sen dispersión.

A segunda cuestión a ter en conta é a temporal. A Sentenza xulga a política prisional que se está levando hoxe en día. A Sentenza xulga a política prisional anterior á desaparición de ETA, non a política prisional que se está levando a cabo en 2019. Ao ler unha sentenza hoxe pode terse a impresión de que trata un tema actual, cando non é así. Unha sentenza do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos trata sobre feitos producidos cinco, seis ou máis anos antes.

 

A sentenza que imos analisar ten tres temas diferentes que deben ser subliñados. Estes temas son: os dereitos das persoas internas, os poderes da Administración para limitar eses dereitos e os límites desa minoración de dereitos.

 

Desde hai anos reivindicamos o dereito das persoas internas en prisión a cumprir condena perto do domicilio habitual. Poucas voces foron ouvidas afirmando este dereito, aínda que mesmo no ámbito xudicial houbo pronunciamientos afirmándoo. Recoñecer este dereito ten grande importancia. Se é un dereito, as limitacións que queiramos imporlle están sometidas a un réxime xurídico, do mesmo xeito que os poderes da Administración Prisional. A Sentenza afirma mais unha vez o dereito das persoas en prisión a cumprir condena perto do seu domicilio habitual. Isto non quere dicir, obviamente, que teñan dereito a elixir penal. Non creo que ninguén dixese isto nunca. O que si quere dicir contodo é que non cabe unha política prisional da Administración que determine graciosamente os centros de internamento aos que debe ser enviada cada persoa.

A Administración Prisional ten unha marxe de apreciación no desenvolvemento da súa política de asignación dos centros de cumprimento de condena. Toda actuación administrativa, tamén a prisional, está sometida ao principio de legalidade e ao respecto dos dereitos fundamentais. A Administración Prisional non pode por tanto decidir os centros de internamento arbitrariamente, como se tratásese dun ámbito de actuación non sometido a normas nin obrigado a respectar os dereitos fundamentais.

O Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos recoñece na súa sentenza todo o anterior, concretando a súa argumentación no caso dos presos e presas vascos. Sinala o Tribunal que a política prisional debe ser contextualizada, xa que non pode manterse a mesma política en situacións en que existen «organizacións armadas» ou cando desapareceron por desmantelarse todas as súas estruturas». O Tribunal sinala que ese total desmantelamento produciuse o tres de maio do dous mil dezanove (3 de maio de 2019).

A doutrina do TEDH podería portanto concretizarse desta maneira. As persoas internas en prisión teñen dereito a cumprir condena perto do seu domicilio habitual. Estas persoas non teñen dereito a elixir centro prisional. A Administración Penitenciaria ten unha marxe de apreciación para asignar o centro de cumprimento, mais non pode facelo de maneira arbitraria. A Administración debe respectar os dereitos das persoas internadas en prisión, motivando a súa decisión cando establece o centro de cumprimento de condena. Esta decisión da autoridade penitenciaria debe ter en conta que ETA se desmantelou (en) todas as súas estruturas», polo que non se poden limitar os dereitos dos presos e presas vasco co argumento das súas relacións con «organizacións terroristas», xa que esta relación é imposíbel. ETA xa non existe.

Portanto, é contraria ao Convenio Europeo dos Dereitos Humanos e é contraria ao dereito á intimidade da vida familiar, conforme ás prescricións do art 10.2 CE. Os dereitos dos presos e presas vascos non poden seguir violándose á espera dunha resolución xudicial. A política prisional do Goberno español, mantendo os presos e presas vascos afastados e dispersados, é claramente contraria á xurisprudencia do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos. Eses dereitos deben ser recoñecidos desde este momento pola Administración Prisional. Se non se fai, incorre nunha grave responsabilidade política, talvez tamén noutras. A cidadanía, incluídas as persoas en prisión, teñen dereito de coñecer as razóns dunha política, en especial se afecta directamente os seus dereitos fundamentais.

IÑAKI LASAGABASTER HERRARTE

Derecho Penitenciario