O Tribunal Supremo decidiu rebaixar as condenas da Audiencia Nacional aos xovens de Altsasu despois da vista dos recursos realizada no 18 de setembro, ao non aplicar a agravante de “discriminación”, nen a de “abuso de superioridade”, mas mantén penas de entre 1 ano e 6 meses de prisión e 9 anos e 6 meses por unha briga nun bar con dous membros da Garda Civil e as súas parellas.

 

 
Altsasu1.                                        Jon URBE | FOKU

A redución de condenas débese a non aplicación da agravante de discriminación, nin a de abuso de superioridade no caso do delito de atentado á autoridade, así como a supresión a dous acusados de algún dos delitos de lesións por falta de probas. No entanto, o tribunal considera que existiu “proba bastante e válida das agresións e lesións físicas e psicolóxicas causadas ás vítimas” para condenar por delitos de “atentado a axentes da autoridade, lesións, desordes públicas e ameazas”.

Compre lembrar que a AN decretou trece anos de cárcere para Oihan Arnanz; doce para Jokin Unamuno e Adur Ramírez de Alda; nove para Jon Ander Cob, Julen Goikoetxea e Aratz Urrizola; seis para Iñaki Abad e dous para Ainara Urkijo. Algunhas destas persoas xa pasaron máis de 1.000 no cárcere.

Na vista, as defensas reclamaron ao Supremo unha anáise meramente xurídica dos feitos (salientando a falta de probas e a falta de rigor nas identificacións), en tanto as acusacións limitáronse a exaltar a importancia da Garda Civil, “fiel a España, o Rei e a Constitución”, en palabras da Procuradoría.

Naiz