A Sala do Penal do Tribunal Supremo ditou unha providencia pola que designa relatora e transmite á Procuradoría para que informe sobre competencia e contido da querela presentada pola Asemblea Republicana de Vigo contra a Procuradora Xeral do Estado, Dolores Delgado, e contra o director xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Jesús Gascón, por suposta prevaricación, ante un “intolerábel abandono das súas obrigas” fronte aos supostos delitos fiscais que tería cometido o Rei Emérito, Juan Carlos I.

 

La Asociación de Fiscales acusa a Delgado de ningunear a ...

 

Na providencia, ditada o pasado 5 de abril e á que tivo acceso Europa Press, noméase relatora a maxistrada Carmen Lamela do auto que, após coñecer a análise que realizará a propia Procuradoría, debe ditarse para admitir ou ben inadmitir a querela.

Segundo explicou a Europa Press o avogado tributarista que redactou a querela, Antón Beiras, a nova regularización fiscal do Rei Emérito, polo IRPF e por 4,4 millóns de euros, “significaría que nin a AEAT nin a Procuradoría abriron unha inspección tributaria ou unha investigación penal formal” ante Juan Carlos I.

Lembrou para que esa regularización “sirva de escusa absolutoria no ámbito penal”, debe producirse de forma “espontánea e veraz”, é dicir, que non haxa previamente unha inspección tributaria nin unha investigación formal.

Para Beiras, “durante todos estes meses ninguén, nin a Axencia Tributaria nin a Fiscalía, notificou ao Rei Emérito a súa condición de investigado ou inspeccionado”. “Outorgáronlle o privilexio de que regularice as cantidades defraudadas e eluda calquera sanción penal ou administrativa”.

Segundo o avogado, á marxe do posible delito de prevaricación, estuda tamén incluír na querela un suposto delito de negociacións prohibidas, no caso de que haxa indicios de que “se estivo negociando e pactando unha regularización tributaria” para o Rei Emérito.

Galicia Confidencial