A sala de apelacións civil e penal do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) está a converterse en bastión da defensa do dereito de manifestación e das garantías procesuais, e voltou a absolver manifestantes condenados. Neste caso, son dous mozos que a Audiencia de Barcelona condenara a catro anos e medios de prisión polos delitos de desordes públicas e atentado contra a autoridade ao participaren no protesto contra o Consello de Ministros do 21 de decembro de 2018 en Barcelona. Na sentenza, comunicada na pasada cuarta-feira, a sala afirma que non hai ningunha proba de cargo para condenalos e absolveunos.

 

El TSJC absol dos joves manifestants condemnats a quatre anys i mig de presó:  no hi ha proves                  Foto: Carles Palacio

 

Na primeira sentenza, a sección quinta da Audiencia Barcelona, co voto contrario dun maxistrado, considerou probado que os dous mozos, Miguel e Eduardo, foron á manifestación na Llotja de Mar, cun cartaz que puña “CDR Boas Festas”, e que levaban na man dous asentos de bicicleta, coas cales bateron en axentes dos Mossos d’Esquadra, que estaban no cordón policial. Todo este relato é descartado agora polo TSJC, e dá a razón ás alegacións presentadas polo avogado Miguel Capuz, defensor de Miguel, e de Francesc de Paula, de Eduardo.

En primeiro lugar, o penalista Capuz expón que foi vulnerado o dereito a defensa de Miguel, xa que ao ser citado no xulgado, cinco meses despois dos feitos, explicouselle que fora denunciado por uns feitos na avenida do Paralelo, non da Llotja de Mar, accións polas cales foi denunciado e condenado. Por outro lado, a sala do TSJC -formada polos maxistrados Àngels Vivas, Roser Bach e Carlos Mir, que é o relator- muda todo o relato dos feitos, e asegura que os dous mozos foron á manifestación e que deron pancadas ás  barreiras, mais non a axentes policiais. Apóiase no feito de ningún axente dos Mossos os ter identificado, nin os xovens apareceren nas imaxes, como se aseguraba na primeira sentenza. Ningún axente foi lesionado.

A sala tamén lembra á sección quinta que o ano 2015 foi reformado e atenuado o delito de atentados contra a autoridade. “Neste caso, nin Miguel nin Eduardo opuxeron resistencia grave con intimidación grave ou violencia aos axentes, senón que se limitaron a fuxir sen oporen ningunha resistencia”, afirma o tribunal, que engade: “Previamente á carga policial, tampouco se pode dicir que Miguel agredise ou embestise os axentes, segundo as imaxes.” E ante a falta de probas, absólveos.

A absolución de Miguel e Eduardo súmase á absolución que ditou en marzo pasado a sala de apelacións ao tarraconense David Solé do delito de desordes públicas polo cal fora condenado a un ano e tres meses de prisión no marco dos disturbios rexistrados no 15 de outubro do 2019, contra a sentenza do Supremo aos independentistas cataláns. A sala de apelacións tamén rebaixou a condena ao activista Marcel Vivet, apesar de manter a de Adrià Sas.

El Nacional