Trátase da declaración do axente P35979V, que asegurou, en relación ás inspeccións do 20-S na Conselleria de Exteriors de Catalunya, que se creou ‘un tumulto que podía asaltar o departamento de Exteriores e os efectos podían ser devastadores’. Tamén relatou a maneira en que foi sacada a secretaria xudicial do departamento.

O axente P35979V expresou: ‘Naquel momento comezaron a caer garrafas, os insultos e ameazas de morte eran xa suaves comparado co que estaba a pasar’. E engadiu: ‘Os manifestantes comezaron a sacudir o vehículo, a secretaria comezou a chorar. Estaba arrepiada’.

Mais resulta que ante as palabras pouco ou nada verosímeis do citado axente da Garda Civil, a avogada de Jordi Cuixart, Mariña Roig pediu que se mostrase un vídeo. Neste (vide infra) é posíbel ver como os Mossos escoltan a comitiva xudicial co propósito de que esta non tivese problemas para saír. E é que a testemuña, o garda civil, negou que os Mossos intervisen co propósito de facilitar a saída. Por iso Mariña Roig insistiu en visualizar o vídeo que demostra o falso testemuño do membro da Benemérita. Mais o presidente do tribunal, señor Manuel Marchena, negouse de maneira contundente.

Eis o vídeo:

 

Insurgente