A actitude de Guevara foi tan aceda como sempre, coa mesma impertinencia que o caracterizou durante a súa longa traxectoria como xuiz, en que chegou criticar algunhas das vítimas do 11-M durante o xulgamento polos atentados de Madrid en que el era membro do tribunal. Un xuiz que ameazou un acusado nun xulgamento por narcotráfico de lle dar unha coroñada. Un xuiz, no entanto, dificilmente clasificábel, que algúns compañeiros louvan polo seu rigor xurídico e mesmo din que é garantista. Félix Alfonso Guevara é sobretodo un xuiz polémico, o xuiz capaz de berrar ás vítimas do atentado da T-4, que acendía o ex-ministro Federico Trillo pola investigación das vítimas do Yak-42 e que un dia del 1985, cando era xuiz de instrución en Madrid, mandou encerrar Pedro J. Ramírez nun calabouzo.

De Guevara chama a atención a súa aparencia, miúda e fráxil, que contrasta tanto co seu mal humor. Explicaba nunha entrevista de hai cinco anos en Confilegal que a súa obsesión polo traballo o levara a descoidar a saúde, e que finalmente iso o abalou. “Fun deteriorándome sen me dar conta. Cheguei a pesar 28 quilos. Un día caín, partin o cotovelo e deime conta que tiña perfurado un pulmón.  Aquela noite, a miña muller e eu fomos cear cuns amigos e non lembro máis. Acordei cincuenta-e-cinco días despois nunha UCI do Hospital de Madrid.

 

Un día caín, partin o cotovelo e deime conta que tiña perfurado un pulmón. Aquela noite, a miña muller e mais eu fomos cear cuns amigos e non lembro máis. Acordei cincuenta-e-cinco días despois nunha UCI do Hospital de Madrid
.

 

Entre as últimas vítimas de Guevara están os avogados Jaume Alonso-Cuevillas e Agustí Carles, que representan unha das acusacións particulares no xulgamento do 17-A, a de Javier Martínez, pai do Xavi, o neno de tres anos de Rubí morto no atentado da Rambla. Os avogados quixeron presentar unha pericial asinada por dous xenetistas segundo os cales a análise do ADN do ex-imán de Ripoll feita no Marrocos non é válida. Guevara non só non aceptou a proba, senón que dixo que iría parar directamente “ao lixo”, porque, no seu parecer, era “totalmente extemporánea”. En troca, si aceptou unha petición doutra avogada da acusación, mais coa advertencia de que ninguén máis lle entregase escritos, que el xa tiña traballo avondo.

O carácter de Guevara chamou a atención neste inicio do xulgamento. Corta constantemente os avogados nos interrogatorios, cun ton de menosprezo constante, irritante e irritábel en todo momento, e fai que a aquel que formula as preguntas lle trema a voz e hesite en todo momento por se de repente é interrompido polo xuiz cun berro. Os primeiros minutos do xulgamento foron toda unha declaración de intencións, aos se encarar co avogado de Driss Oukabir, un dos acusados, cando este se queixou de que o tivesen sentado atrás, ao lado dos fiscais. Luis Álvarez Collado anunciou que marcharía da sala, mais Guevara prohibiullo terminantemente, dando gritos de indignación.

Un ton semellante ao que utilizara uns días antes no xulgamento contra independentistas galegos.  Descalificou todo o mundo, da tradutora ao fiscal, pasando polas testemuñas de axentes da policía, mais sobretodo os avogados da defensa, aos que interrompeu constantemente; e mesmo os acusados cando facían uso da súa última palabra, que é un dereito que teñen ao acabar o xulgamento. Por exemplo, cando Joam Peres explicaba a súa detención, denunciaba o xulgamento e reivindicábase como independentista, o xuiz interrompeuno, berrando “chega!”, e dicindo a outra acusada que quería intervir que non quería máis mítins.

Poden verse máis exemplos neste artigo. Os acusados quixeron recusar o xuiz Guevara porque fora el precisamente quen presidira o tribunal que considerou probada a existencia de Resistência Galega.

Tamén tiveron motivos para o recusar as vítimas do 11-M que se sentiron insultadas por Guevara nunha entrevista en La Razón logo de acabar o xulgamento. Era abril de 2007, el era un dos membros do tribunal, e queixouse de que “algunhas das vítimas viñan preparadas para facer un discurso politico fora de lugar. Levar un papel e comezar a falar da condena do señor Aznar estaba fora de lugar, porque non se xulgaba o Sr. Aznar”, E ainda acrecentaba: “Mais iso son cousas que entran por unha orella e saen pola outra. Daba vergoña”.

 

“Olle para min! Son eu a presidencia! Esta é a cara que ten de ver, non teño outra!”

 

Como maxistrado da Audiencia española, participou en varios procesos a acusados de teren cometidos atentados de ETA. Foi o caso do proceso polo atentado da T-4 no aeroporto de Madrid. Naquel proceso, algunhas das vítimas directas ou indirectas do atentado chegaron a queixarse do trato que recibían do xuiz. A nai de Diego Armando Estacio, un dos mortos no atentado, foi tratada con desconsideración, cando o procurador lle preguntaba se dependía economicamente do fillo. Ela respondeu dubidando: “Si e non”. E o xuiz espetoulle: “Sí e non, ou non? Iso é o que pregunta o procurador, veña, máis fácil, agua. Se necesitaba o seu fillo, iso pregunta o ministerio público!” Ou cando un traballador do aeroporto que resultou ferido respondia ollando atrás, onde estaba o avogado. “Olle para min! Son eu a presidencia! Esta é a cara que ten de ver, non teño outra!”

 

“Cale! Porque, se eu tivese sido o meu escolta, onte… da coroñada que tería levado polo escándalo que facía, hoxe viría coa cabeza vendada! Mais, claro, aqui andamos con moitos melindres antes de tocar ninguén. Veña! Se onte tivese conmigo unha arma, coroñada!

 

Mais certamente unha das declaracións máis graves que fixo en sede xudiciaria foi en xuño de 2012, can ameazou un acusado de narcotráfico, Mohamed Ajnan. Díxolle: “Cale! Porque, se eu tivese sido o meu escolta, onte… da coroñada que tería levado polo escándalo que facía, hoxe viría coa cabeza vendada! Mais, claro, aqui andamos con moitos melindres antes de tocar ninguén. Veña! Se onte tivese levado unha arma, coroñada!”

E o asunto con Pedro J. Ramírez? No ano 1985, cando ainda non tiña trinta anos, era titular do xulgado de instrución 22 de Madrid, e recibiu unha queixa por inxurias e calumnias contra o xornalista Jimmy Giménez-Arnau. Citou o director de Diario16, Pedro J. Ramírez, mais este non se presentou. Un días días despois soubo que Pedro J estaba o edificio dos xulgados e ordenou á policía o deter. Fecháronno no calabouzo antes de o levar diante do xuiz para prestar declaración pola queixa. Daí lle ven a etiqueta de xuiz implacábel que lle colocou a prensa de Madrid. Unha parte da súa traxectoria, e a actitude que tivo nos últimos procesos xudiciais, fixéronno no entanto merecer levar outro boneco nas costas: o de autoritario.

Josep Casulleras Nualart – VilaWeb