Os xuíces ordenaron a posta en liberdade sob control xudicial de Josu Urrutikoetxea. O ex-dirixente de ETA fora detido en Sallanches no pasado 16 de maio e hoxe acudiu ao xulgado de Apelación de París, onde estudaron o recurso da defensa contra o seu encarceramento.
.
O xulgado de Apelación de París @AnttonETXEBERRI
.
Josu Urrutikoetxea,que foi detido en maio nos Alpes franceses, ten de entregar o seu pasaporte, non poderá sair do Estado francés e terá de presentarse unha vez por semana nunha escuadra da policía do centro de París, tal como decidiu o tribunal de Apelación da capital francesa.