A petición foi tramitada horas despois de o medio de comunicación La Directa ter desvelado un novo caso de infiltrado policial nos movementos veciñais e antifascistas. Desta volta, na cidade de València.

 

O axente infliltrado formando parte do cordón de seguranza nunha manifestación de’Acció Antifeixista de València  o1 de Maio de 2021 / La Directa

 

Compromís, a CUP, ERC, EH-Bildu, BNG, Junts, PDeCAT e Más País rexistraron unha solicitude de comparecencia do ministro Fernando Grande-Marlaska na comisión de Interior do Congreso dos Deputados. A petición tivo lugar horas despois de o medio de comunicación La Directa ter desvelado un novo caso de infiltrado policial nos movementos veciñais e antifascistas. Desta volta, na cidade de València.

Na semana pasada, Grande-Marlaska defendeu no Senado este tipo de operacións, asegurando que “non se perseguen ideoloxías e ideas, senón feitos”, para acrecentar, a seguir, que “non só o fan na persecución do delito, senón tamén na prevención dos mesmos para podermos exercitar os nosos dereitos con tranquilidade”. Porén, acontece que o actual ministro e máximo responsábel do Departamento de Interior é o xurista que cumula máis condenas do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos ao Reino de España por non investigar torturas policiais. Concretamente, das once condenas, seis casos dependían do actual ministro do Interior, cando era xuíz.

 

Marlaska, quen é o xuíz que cumula máis condenas do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos ao Reino de España por non investigar torturas policiais, defendeu na semana pasada as infiltracións como actuacións preventivas

 

En democracia

O primeiro en tomar partido neste terceiro caso coñecido de infiltrado policial en movementos sociais foi o porta-voz de Compromís no Congreso, o valenciano Joan Baldoví, que afirmou que “isto non se pode consentir nunha democracia”.

O obxectivo do pedido de comparecencia é que Grande-Marlaska proporcione explicacións sobre as razóns que levan o Ministerio do Interior “a investigar os movementos antifascistas, ao mesmo tempo que ampara o comportamento dos fascistas, que continúan actuando impunemente”. Así mesmo, solicitan que o ministro esclareza se os “actos de incitación” que realizou o infiltrado comportaron algunha repercusión, como “sanción, detención ou lesión” contra as persoas dos movementos sociais obxecto da operación policial. Tamén preguntan polo custo total da actuación para as arcas públicas desta

Pola súa banda, ERC remitiu unha batería de 40 preguntas en que demanda ao Ministerio do Interior cal era a motivación da infiltración, se o Goberno tiña a intención de controlar o movemento social contra o plano urbanístico de Benimaclet e quen decidiu a operación.

Este é o terceiro caso de infiltrados policiais desvelado por La Directa. Trátase de Ramón Martínez Hernández, un policía nacional natural da comarca Baix Llobregat. Co pretexto dunha ruptura sentimental, comezou a ocupar o seu tempo militando en diversos colectivos (Cuidem Benimaclet, Entrebarris e o Centro Social Okupado Anarquista l’Horta), onde se mostrou tímido mais disponíbel para calquera traballo. En pouco tempo tivo acceso ás actas dos colectivos e participou en primeira liña de varias accións, como no cordón de seguranza dunha manifestación antifascista no 1 de maio de 2021.

Hai dúas semanas, La Directa desvelaba o segundo infiltrado, que actuaba sob o nome de Daniel Hernàndez Pons no centro social La Cinètika de Barcelona. Cinco mulleres presentaron queixa contra el por abusos sexuais, delitos contra a integridade moral, revelación de segredos e impedimento do exercicio dos dereitos cívicos. Aseguran que nunca se deitarían con el se soubesen que era un policía infiltrado. El utilizou as relacións sexuais para cumular información sobre os colectivos e movementos sociais.

O primeiro caso, J. E. G., que actuaba sob a identidade falsa de Marc Hernàndez Pons, infiltrouse durante dous anos no movemento polo dereito á vivenda, através do colectivo Resistim ao Gòtic, e na esquerda independentista, mediante o Casal Popular Lina Òdena. Os tres infiltrados realizaron o seu labor de espionaxe entre os anos 2020, 2021 e 2022.

El Salto Diario