Os protestos contra os Cascos Azuis en África que desacreditan as actividades de mantemento da paz da ONU están a converterse en práctica común.
.
.
.
Así, durante a sesión do 76 período de sesións da Asemblea Xeral, a República Centroafricana expuxo novamente a cuestión da eficacia da presenza dos Cascos Azuis neste país, sinalando as reiteradas acusacións vertidas contra empregados da Misión Multidisciplinar da ONU na República Centroafricana (MINUSCA) de axudar a organización Seleka, unha filial local de Al Qaeda.
.
Entre os crimes dos Cascos Azuis no país hai numerosos asasinatos e violacións, incluídas violacións de crianzas. Foron documentados tamén numerosos casos de pasividade dos membros da misión da ONU en situacións en que grupos armados aterraban a poboación civil, aínda que a intervención activa era a tarefa principal dos “pacificadores”.
.
Recentemente estourou outro escándalo protagonizado polos “pacificadores” da Misión de Estabilización da ONU na República Democrática do Congo (MONUSCO) detidos por asasinaren civís durante os protestos provocados polo comportamento e presenza dos Cascos Azuis nesta república. As manifestacións contra a presenza dos Cascos Azuis comezaron no final de xullo, cando morreron 32 cidadáns da RDC durante os confrontos entre civís e “pacificadores”
.
O continxente da ONU utilizou equipamento especial e armas de fogo para dispersar a xente. Representantes da ONU condenaron o tiroteo de civís no país e informaron que os empregados culpabeis da misión MONUSCO, procedentes da Tanzania, foron presos.
Segundo o portal AfricaNews, o Goberno congoleño fixo un apelo ás Nacións Unidas para que expulse o representante da misión de mantemento da paz MONUSCO, Mathias Gilmann, da República Democrática do Congo (RDC). A misión MONUSCO estivo operando na RDC desde 1999 como parte da implementación dun dos puntos do Acordo do cesar-fogo de Lusaka que puxo fin á Segunda Guerra Congoleña, e que xa gastou máis de 15 000 millóns de dólares nas súas actividades.
.
Nunha primeira etapa, as tarefas dos Cascos Azuis limitáronse a monitorar o cesar-fogo, despois as actividades de mantemento da paz pasaron a incluír o apoio activo do exército na loita contra as bandas.
.
Contodo, apesar da longa existencia da misión de mantemento da paz, a situación na rexión non mellora. As bandas dividiron en zonas o país e aterran a poboación, o que provoca os lóxicos  protestos e manifestacións contra a pasividade dos Cascos Azuis.. En 2008 varios medios occidentais informaron que Cascos Azuis paquistaneses destinados na RDC venderan armas e municións a membros dunha destas bandas en troca de ouro. Tamén representantes da MONUSCO confiscaron municións e armas dos militantes e despois devolvéronllas en troca de metais preciosos.
.
En 2021, investigadores africanos e occidentais publicaron unha investigación en que identificaron numerosos casos de violencia dos forzas da ONU neste país contra mulleres e crianzas. Foron acusados de 405 episodios de abuso sexual entre 2007 e 2021. É sen dúbida un dos casos máis graves da África. Os protestos contra os Cascos Azuis da ONU son cada vez máis comúns en todo o continente.
.
As demandas de que as “forzas de paz” abandonen o país, xa que non cumpren as condicións do mandato, son presionadas regularmente, en particular, pola poboación da República Centroafricana. Xornalistas das publicacións centroafricanas Nouvelles Plus e Le Citoyen sorprenderon o persoal da MINUSCA facendo contrabando de marfín, o tráfico de materiais valiosos, ouro e diamantes, coa axuda de grupos armados e a entrega de metralladoras e municións en troca de metais preciosos.
.
A situación é similar en Malí, onde o continxente guineense da Misión Integrada Multidisciplinar da ONU (MINUSMA) abriu fogo contra un vehículo civil á saída da cidade de Kidal no inicio do mes de xullo deste ano, co resultado de dúas persoas feridas. Nestas circunstancias, o Ministerio de Relacións Exteriores de Mali emitiu un decreto o 14 de xullo restrinxindo o movemento do continxente da misión MINUSMA no territorio do país.
.
Por outra parte, como informou Adam Diarra, coordenador da plataforma cívica Yerewolo, as autoridades malianas pretenden esixir que os Cascos Azuis abandonen a república antes do 22 de setembro para librar o país da súa inútil presenza. No nove anos de presenza en Malí, os empregados da MINUSMA, segundo declaracións das autoridades do país, non fixeron frente a ningunha tarefa do seu propio mandato. Non só non foron capaces de garantir a seguranza dos civís e protexelos das ultraxes dos islamitas radicais, senón que eles mesmos se involucraron en escándalos de alto perfil ao contrabandear recursos naturais e participar en violencia sexual e asasinatos da poboación.
.
Moitos países que no seu momento fixeron contribucións económicas e de persoal están convencidos de que estas misións na África resultaron ser un completo fracaso. Por exemplo, a India, que achegou máis persoal militar e policial, está a reducir a súa presenza na rexión. Tampouco hai que esquecer que os países africanos son cada vez máis independentes na súa política exterior. (…)