A ONU denuncia que os ataques perpetrados por Israel contra escolas palestinas intensificáronse durante o ano académico actual e son cada vez máis frecuentes.

 

 

Segundo información da propia organización, a semana pasada foi atacada unha escola palestina situada na aldea de Tuqu, perto da cidade de Belén. Neste caso, ademais, foron asasinadas tres crianzas, dúas delas con feridas graves pola agresión do exército israelita, que usou municións reais e gases lacrimoxéneos.

Así o dixeron os funcionarios da ONU: “Máis da metade dos incidentes verificados involucraron municións reais, gases lacrimoxéneos e granadas de aturdimento lanzadas a ou perto das escolas, o que afecta a educación ou lesiona a/os estudantes”.

Compre subliñar que en 2018 soldados do réxime israelita demoliron unhas cinco escolas palestinas na Cisxordania. Nestes momentos son xa 50 os centros educativos que están sob ameaza.

No pasado 31 de xaneiro o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) e a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) entregaron un relatorio sobre uns 111 ataques cometidos en 2018 contra escolas palestinas, o que puxo en perigo a vida de 19.000 escolares aproximadamente.

Insurgente