Eshôj Ekirne denuncia que chegou aos xulgados a resolución da sentenza que impuxo a Audiencia Nacional a 12 rappers, agora ratificada polo Tribunal Supremo. A sentenza, xa firme, condena Ekirne a unha pena de 6 meses e 1 día de cárcere polo suposto delito de “enaltecemento do terrorismo”, así como a unha multa de 1200 euros (que caso non a pagar sumaría 2 meses máis de privación de liberdade á condena anterior) e a 8 anos e 1 día de inhabilitación absoluta.

 

La represión de la “democracia” española no se detiene: el rapero Eshoj Ekirne también puede entrar en prisión

 

Mañá, segunda-feira 22 de febreiro, o rapper recollerá os documentos e desde ese momento disporá de 5 días para facer efectiva a multa ou, mais probabelmente, terá que ingresar en prisión un mínimo de 8 meses e 1 día, única e exclusivamente polas letras das súas cancións.

Se pagase á sanción económica non tería que pór un pé no cárcere e ficaría en liberdade condicional, pois até agora non tiña antecedentes penais en vigor (agora si).

Mais Eshôj Ekirne xa anuncia que non pagará por entender que o propósito da liberdade condicional é conseguir que o artista se autocensure e dunha forma ou outra desista na súa loita e renuncie ás súas ideas “Comigo -afirma- picaron en pedra, non penso darlles ese satisfación. Tomei a decisión de non soltar nin un céntimo ante semellante inxustiza, considero que pagar a multa para evitar o cárcere é outra forma de claudicación similar a pedir perdón para beneficiar del, comigo que non conten, terán que encerrarme. ”

Ainda que, con diferenza a Pablo Hasél, el é pouco coñecido e non confía en que o seu futuro e suposto encarceramento poda xerar moita repercusión mediática, resalta que só a solidariedade e a presión popular poden evitar que “en moi pouco tempo pase a engrosar a interminábel lista de presos políticos e me converta no seguinte rapper encarcerado polas súas ideas no Estado fascista español”,  mis, conclúe “non serei o último”.

Tamém lemba que el foi xulgado e condenado xunto con outras 11 persoas do grupo La Insurgencia, que están na súa mesma situación, e que tamén está aí o caso de Valtonyc, que levaría xa case 3 anos atrás das grades se non tivese decidido exiliarse.

Como conclusión,  Eshôj Ekirne afirma que “unha cousa é clara, cada día é máis evidente o feito de que se non os paramos, imos presenciar nos próximos meses/anos un goteo constante de artistas de todo tipo entrando en prisión por delitos de opinión. Debemos estar á altura das circunstancias, non podemos darnos o luxo de ollar para outro lado, caso contrario perpetuaremos o problema e as futuras xeracións continuarán pagando as consecuencias. Isto aféctanos todos e todas, organicémonos e saiamos ás rúas tomar posición, fagamos que teñan que pensar dúas veces antes de condenarnos inxustamente. Xa vos adianto que a min non me van calar, mañá sacarei un novo tema, un dos máis combativos de todos os que publiquei”

Aquí o texto do rapper