O Xulgado do Contencioso Administrativo número 10 da Audiencia Nacional abriu a porta a que os sindicatos da Policía Nacional reclamen un novo procedemento de concesión de medallas polos case 400 policías que ficaron sen ela pola súa participación na operación Ícaro, o operativo de axentes que o Ministerio do Interior organizou en Cataluña para reprimir os disturbios provocados durante o pasado outubro despois da publicación da sentenza do procés do Tribunal Supremo, que condenou líderes independentistas.

 

 

O alto tribunal resolveu no pasado 20 de xullo que a orde pola que o departamento dirixido por Fernando Grande-Marlaska outorgou 322 medallas a outros tantos policías «foi ditada sen contar» coa Confederación Española de Policía (CEP), unha das organizacións que recorreu a resolución de Interior ante a xustiza. «Os sindicatos non puideron exercer parte (…) do seu dereito de liberdade sindical en relación ao ingreso na orde», considera a Audiencia Nacional, que deixa claro que o Ministerio do Interior «vulnerou un dereito fundamental ao ditar un acto administrativo» sen contar coas mencionadas organizacións.

Insurgente