No 16 de outubro de 2009, a Garda Civil detivo Arnaldo Otegi por orde do xuiz Baltasar Garzón. Talvez o grande público ainda non era consciente, na altura, mais entre os políticos e os xornalistas era sabido que Otegi e as outras persoas detidas na operación Bateragune tentaban que ETA deixase as armas. Por esta razón, a operación causou grande sorpresa. Despois veríamos moitas outras manobras ainda peores, que acabaron coa recusa do estado español a negociar sobre a entrega das armas, mesmo cando o estado francés decidiu entrar no xogo. Se non me engano, o de ETA é o único caso no mundo en que un grupo armado quer deixar as armas e o estado que o sufriu non fai nada para conseguilo.

Otegi foi detido en 209. En 2011 a Audiencia Nacional española condenouno, considerándoo o xefe de ETA, apesar dos históricos pronunciamentos públicos que fixera afirmando que había que pór fin á violencia no País Vasco. En 2014, o Tribunal Supremo rectificou a medias, ao dicir que non era o xefe de ETA mais si membro de Eta, mais catro anos despois, o Tribunal dos Dereitos Humanos de Estrasburgo desfixo a montaxe e ditaminou que o xuízo non fora xusto. Once meses despois da sentenza do TEDH, onte, finalmente, o Tribunal Supremo anulou a condena, acatando a decisión de Estrasburgo.

É verdade, a condena foi ditada por unha xustiza corrupta, que xa non é necesario desmascarar máis. Mais a responsabilidade de que Arnaldo Otegi, Rafael Díez Usabiaga, Arkaitz Rodríguez Torres, Sonia Jacinto Garcia E Miren Zabaleta Tellería teñan pasado uns anos na prisión que non merecían non é apenas dos togados. E é importante lembralo, tamén pola comparación co que pasa e pasará co xuízo aos presos politicos cataláns.

Hai unha responsabilidade política, tamén, de todos os que encoraxaron a decisión, sabendo o que sabían. Políticos que, mesmo sabendo que Otegi traballaba para erradicar a violencia de ETA, ou ben aplaudiron a decisión do tribunal ou ben non ousaron criticala, por medo. E hai unha responsabilidade mediática, tamén, pola maneira como os media españois construíron un relato que desabou como un castelo de cartas.

Tomemos como exemplo o xornal El País, órgao oficioso do deep state. No día da detención,  a súa crònica comezaba dicindo: “Baltasar Garzón reventou onte a última tentativa de reunir os restos da esquerda abertzale”. A frase, tal como é construído e polo que di, serviría de modelo para un bo manual da manipulación xornalística. Aqui temos o heróe Garzón reventando, que verbo!, os restos de… Amiúde os títulos xornalísticos envelhecen mal, mais neste caso, dez anos despois, é moi interesante constatar como Garzón paira perdido no espazo sideral encanto ‘os últimos restos da esquerda abertzale’ obtiveron o mellor esultado electoral da súa historia.

Cando a Audiencia Nacional española condenou Otegi, o texto de El País foi ainda máis intencionado. Comezaba dicindo: “A Audiencia Nacional desmontou as teses pacifistas do líder de Batasuna e decidiu condenalo a dez anos de prisión”. Como se nada. O xornal madrileno sostiña que, durante o xulgamento, Otegi manifestara “unha norma desvinculación da banda terrorista” mais que o tribunal se decantara polos argumentos do procurador Vicente González Mota, responsábel hai pouco do caso Sandro Rosell e, portanto, tamén dos anos no cárcere que o ex-presidente do Barça pasou antes de lle ser retirada a acusación. Máis umha vez, visto coa perspectiva dos anos, esta qualificación de ‘morna’ no que di respecto á desvinculación de Otegi de ETA, visto o papel que o dirixente abertzale tivo na súa desaparicíon, deixou sen xeito os xornalistas medíocres.

 

Non se pode pór de ladod que, sen este tipo de acompañamento mediático e politico, de xustificación do inxustificábel, unha condena tan aberrante como a que tiveron os presos de Bateragune tería sido difícil.

 

Mais non é só iso: por se non fose avondo, até a maneira como o Supremo acabou resolvendo o asunto, onte, fai sospeitar e, máis unha vez, pon de relevo que no estado español os tribunais fan política. Vexamos a secuencia. A anulación da sentenza, que anula a condena de prisión -inevitabelmente xa cumprida- mais tamén a inhabilitación para ocupar cargo público, chegou vinte meses tarde. Xusto despois das eleccións vascas que estaban previstas para outubro mais que Urkullu tiña moita presa en adiantar. En outubro, Arnaldo Otegi ería sido un formidábel competidor do actual lehendakari…

PS: Hai quen, á vista de todo isto, reaxe con desespero -aquilo de que fan o que lles peta e nunca pasa nada. Mais si que pasa. O deterioramento do estado español é persistente, visibelmente persistente, desde 2009. E feitos como este consolidan o rexeitamento, sen matices, do réxime dunha parte importante da populación, sobretodo nos Països Catalans e no País Vasco. Mais ainda mellor: esta sensación de que eles, apesar de todo, poden facer o que lles peta, no fin fai crecer nunha parte da populación o que algúns anti-imperialistas africanos definían como ‘a exisencia da descortesía’: ningún respecto, nunca mais, nin ningunha reverencia, nin a estrutura de poder que permite facer iso nin ás persoas que, beneficiando deesta estrutura de podere, feren cidadáns da maneira en que feriron Otegi, e como feren hoxe os presos políticos cataláns e os exilados. Non só xa sabemos que non ‘son os nosos’ sinón que agora sabemos que ‘son contra nós’. E este é un paso á frente na consciencia colectiva que, na medida en que chegar a ser multitudinario, acabará sendo decisivo cando chegar a hora do confronto final.