A interlocutoria da xuíza da Audiencia española Carmen Lamela, instrutora tamén do caso dos mozos de Altsasu, en que decreta a prisión incondicional contra Jordi Sánchez e Jordi Cuixart recolle os motivos que a levaron a tomar a decisión de privalos de liberdade, despois das concentracións do 20 e 21 de setembro de protesta polo asalto da Garda Civil contra edificios da Generalitat, as  revistas de institucións e a detención de altos cargos do goberno.

Resultado de imagem para carmen lamela jueza audiencia nacional

A xuíza di que os encarcera provisoriamente e sen fianza porque seren sospeitosos de teren cometido o delito de sedición. Porque aquel día, 20 de  setembro, explica que van pretender que negociabana coa Garda Civil, “incitando os reunidos a ficaren no lugar e impartindo ordes da actuación que deberían levar a cabo en cada momento”.

Tamén xustifica a decisión porque hai “risco de reiteración delitiva”, porque os investigados operan dentro dun grupo organizado de persoas, levan a cabo de maneira contínua e reiterada actividades de colaboraicón activa e necesaria en relación coa actuaicón de persoas, organizacións e movementos enderezada a conseguiren fora das vías legais a independencia de Catalunya, nun proceso que ainda está activo”. E acrescenta que hai “alta probabilidade de oculten, alteren ou destrúan probas”.

A xuíza expón que aquel día non se fixo un chamado a unha manifestación pacífica, senón á protección dos gobernantes e as institucións. “Algúns manifestantes furaron rodas e inflixiron danos a diversos vehículos da Garda Civil. E algúns outros impediron que os axentes abandonasen os edificios despois das revistas. E sentáronse no chan, no asfalto, diante dos vehículos.”

Dos voluntarios da ANC, di que fixeron un cordon con que intimidaron a Garda Civil, ainda que en realidade estiveron todo o día tentando controlar a concentración e evitgando que houbese ningún tipo de incidentes.

A interlocutoria di que Sànches e Cuixart erixíronse en interlocutores dos concentrados, “tentando negociar durante como mínimo cinco veces coas forzas de seguranza”. Mesmo chega a dicir que a negociación que fixeron era en defensa dos seus intereses e non en beneficio da seguranza cidadá.

Salienta que ambos falaban dunha mobilización permanente e de votar no 1-O. E que había tanta xente que os axentes e a comisión xudicial non podían sair.

Penaliza o obxectivo e a idea política: “A finalidade última destas mobilizacións era conseguir a celebración dun referendo e a proclamación dunha república catalá, independente de España, sendo conscientes que levan a cabo unha actuaicón á marxe das vías legais e impeden a aplicación do ordenamento xurídico en conjunto”.

Di que aquela protesta “non foi unha protesta cidadá isolada, casual ou convocada pacificamente en desacordo cunhas actuacións policiais”. Ben ao contrario, eran “actividades encadradas nunha estratexia complexa con que desde había tempo colaboraban Jordi Cuixart e Jordi Sànches, en execución da folla de rota deseñada para obter a independencia de catalunya”.

Acúsaos de teren utilizado “as redes sociais e grupos de divulgación” para a mobilización, e a participación do referendo. De feito, vai alén dos días 20 e 21 de setembro e di que desde estas mesmas redes animábase a xente a permaneceren nos colexios no día 1 de outubro “e a presentar resistencia ás actuacións policiais”.

Eis o texto da interlocutoria da xuíza Carmen Lamela: