O dereito a non revelar as fontes dunha investigación xornalística ampárase no artigo 20 da Constitución española. No entanto, non é a primeria vez que este dereito é vulnerado nos últimos anos. Carlos Beneitez repasa algúns casos.

 

Los periodistas del 'Diario de Mallorca' concentrados a las puertas del diario como protesta por la incautación ayer del teléfono móvil de uno de sus redactores. (CATI CLADERA | EFE)Xornalistas do ‘Diario de Malloca¡ nas portas do xornal en protesto polo confisco do telemóvel dun dos redatores. (CATI CLADERA | EFE)

Nestas inspeccións foron confiscados dous telemóveis, un computador portátil e un computador de mesa e os axentes tentaron confiscar sen éxito outros equipos informáticos e numerosa documentación. O obxectivo destas inspeccións: desvelar as fontes dos media citados para informaren sobre sobre as actividades fiscais do grupo empresarial que está a ser investigado, e sob o cal pesa segredo de sumario, para poder imputar a esas fontes un delito de revelación de segredos -sancionado con penas de prisión dun a sete anos segundo o artigo 197 do Código Penal.

O dereito á liberdade de información a non revelar as fontes dunha investigación xornalística ampárase no artigo 20 da Constitución española, no entanto non é a primeira vez que este dereito é vulnerado.

Hai dous anos, no 26 de xuño de 2016, dous axentes da policía xudicial irromperon na redacción do xornal Público co obxectivo de confiscar as grabacións do coñecido como Fernándezgate. Estas grabacións, que foron publicadas a apenas cinco días das eleccións xerais do 26 de junio de 2016, recollían as conversas entre o exministro do interior Jorge Fernández Díaz e o xefe da Oficina Antifrau de Catalunya, Daniel de Alfonso Laso.

Nestas conversas o exministro e o xefe da Oficina Antifrau de Catalunya acordaban como proceder para fabricaren relatorios que posteriormente serían filtrados á prensa para desprestixiar grupos políticos independentistas e Podemos e que deixou a xa célebre frase “Esto te lo afina la fiscalía” (“Isto afínacho a procuradoría”).

Finalmente, por non teren unha orde xudicial, os axentes non puderon levar as grabacións das que poderían ter rastreado a orixe da fonte.

Uns meses máis tarde, en setembro dese mesmo ano, o titular do xulgado de instrución número 2 de Madrid, Arturo Zamarriego, ordenaba “descarregar a información da conta de correo electrónico” da produtora de televisión Mandarina após a publicación dunhas conversas do comisario Martín Blas -implicado na trama do comisario Villarejo- e dous axentes do CNI en que falaba de “lavar probas” do coñecido como caso do pequeno Nicolás co obxectivo de determinar a orixe das filtracións.

Este mesmo xuiz xa ordenara intervir e confiscar todos os correos electrónicos enviados e recibidos durante os anos 2013 e 2014 de varios xornalistas e responsábeis policiais no caso de Esteban Urreiztieta, subdidrerctor do xornal El Mundo, e prohibiu en 2016 aos European Investigative Collaborators publicaren máis información sobre o coñeciddo como Football Leaks até “esclareceren a investigación legal” sobre a obtención dos documentos publicados que implicaban grandes estrelas do fútbol implicadas na  evasión fiscal.

Uns anos antes, en 2009, outros cinco xornalistas foron citados a declarar após a filtración dalgúns aspectos do sumario do caso de Marta del Castillo co obxectivo de obter información das fontes que lles facilitaran os pormenores do sumario.

Tamén, de forma indirecta, fican patentes os esforzos por determinar a autoría das imaxes grabadas con cámara oculta da declaración en sede xudicial da infanta Cristina durante o xuízo do caso Nóos, do que os avogados acusados dun delito de desobediencia grave -ao incumpriren a prohibición expresa de grabar imaxes da declaración ‘en calquera formato’- como autores materiais das mesmas foron absolvidos. Un caso similar ao que xa acontecera coa filtración do desenvolvemento do xuízo do caso Bárcenas no ano 2013 na Audiencia Nacional e que inspirou o filme B de Bárcenas.

Mais esta práctica non é exclusiva do Reino de España, pois son numerosos os casos en todo o mundo de persecución de quen filtra datos co obxectivo de descubrir tramas de corrupción, crimes de guerra ou a evasión fiscal. Un deles é Hervé Falciani, que após publicar a coñecida como Lista Falciani con máis de 130.000 evasores fiscais conta cunha orde internacional de detención cursada por Suiza por un delito de “revelación de segredos bancarios”.

O caso de Falciani lembra outros como o do xornalista grego Kostas Vaxevanis, autor da coñecida Lista Lagarde con 1.991 nomes de cidadáns gregos con contas na Suíza, deixando sospeita sobre eles dunha posíbel evasión fiscal. Vaxevanis foi detido en outubro de 2012 acusado dun deito de “violación de datos persoais sensíbeis” do que finalmente foi absolvido.

No outro lado do océano está Chelsea Manning, exanalista de intelixencia do exército dos EUA condenada a 35 anos de prisión por filtrar o vídeo coñecido como Collateral Murder -asasinato colateral-. En que se vé como un helicóptero estadunidense mata un grupo de civis no Iraque do que formaban parte dous xornalistas da axencia Reuters e que puxo a lupa da Corte Penal Internacional sobre os crimes de guerra perpetrados polos Estados Unidos durante as guerras do Iraque o o Afeganistán.

CARLOS BENEITEZ

Público