Os EUA realizaron unha nova investigación sobre o acontecido nun ataque estadounidense sobre Siria que resultou coas mortes de decenas de civís. As consecuencias do ataque foran encubertas polas propias autoridades militares dos EUA.
.
.
Os EUA recoñecen matanza de civís en Siria após unha denuncia xornalísticaJohn Kirby, portavoz do Pentágono. (Foto: Lisa Ferdinando / Dod / Planet Pix v / DPA)

 

Os Estados Unidos de América (EUA) acaban de publicar a revisión da investigación ordenada por un ataque aéreo estadounidense efectuado en Siria durante unha misión secreta en marzo de 2019, cuxas consecuencias foron encubertas polas propias autoridades militares dos EUA.

A investigación do ataque de Baghuz, en que morreron decenas de civís, foi levada a cabo polo xeneral Michael Garrett, e concluíu que o inquérito inicial estivo infestado de erros en múltiplos niveis de mando, así como de falta de información. Porén, negou accións disciplinares contra os oficiais responsabeis.

O ataque ocorreu durante os últimos días da campaña contra Estado Islámico na localidade de Baghuz, no leste de Siria. Un avión de combate estadounidense F-15E lanzou dúas bombas -unha, de 220 quilos e a outra, de 900- sobre unha multitude de persoas, principalmente crianzas acompañadas das súas nais.

Segundo unha investigación de The New York Times, durante as semanas posteriores ao bombardeo, lanzado por unha unidade de operacións especiais denominada Forza de Tarefa 9 (Task Force 9), “o número de falecementos foi minimizado e os informes, clasificados”. Despois desa información, os EUA anunciaron unha investigación para determinar as responsabilidades.

“Matamos mulleres e crianzas inocentes”

“Admitimos que si, matamos algúns civís, mulleres e crianzas inocentes en 2019, en Baghuz, Siria. Todo está aí para que o vexan. Admitimos que cometemos eses erros. Que matamos. Que as nosas operacións terminaron no asasinato de persoas inocentes”, recoñeceu o porta-voz do Pentágono dos EUA, John Kirby.

Mo día seguinte do ataque, testemuñas presenciais afirmaron ter visto montóns de cadáveres de mulleres e crianzas, mais as forzas da coalición liderada polos EUA despexaron o lugar da explosión con buldóceres e ningún máximo responsábel da cadea de mando militar dos EUA foi informado correctamente do que tiña acontecido no ataque.

Pouco despois do ataque, o avogado da Forza Aérea, o tenente coronel Dean W. Korsak, tentou iniciar unha investigación independente para dilucidar o acontecido ao entender que o ataque sobre Baguz, considerado o último grande bastión de Estado Islámico no país, podería ser calificado como crime de guerra. Con todo, as súas peticións caeron en saco roto.

“Altos responsábeis militares dos EUA eludiron intencionada e sistematicamente o procedemento”, denunciou o avogado nun correo electrónico ao Comité de Servizos Armados do Senado. “Expóñome a represalias por enviar este correo”, engadiu.

 

A reportaxe do New York Times

“O exército fixo logo o posíbel para omitir o ataque catastrófico”, di a reportaxe. “O índice de mortos foi minimizado. Os relatórios foron postergados, sanificados ou postos sob sixilo. Tractores da coalición liderada por Washington aplainaram a área. Os principais líderes non foron notificados”.

“O auditor-xeral do Departamento de Defensa lanzou um inquérito; porén, o relatório coas descobertas foi protelado e calquera mención ao ataque foi removida”, acrecenta.

O entón Secretario de Defensa Lloyd Austin, que indicou o comandante das Forzas Armadas para conducir a investigación, expresou decepción sobre a investigación.

“O proceso contribui para a noción de que o departamento non está comprometido coa transparencia nin levou a serio o incidente — percepción que poderia ser evitada por uma revisión rápida e unha explicación clara sobre as circunstancias do ataque”, comentou Austin