O xornal Gara informa que o Departamento de Xustiza dos EUA negou ao Reino de España a identidade de quen rexistrou nun servidor daquel país o dominio www.kaskagorri.org. O Departamento estadunidense considera que a exhibición de imaxes de persoas presas de ETA entra na liberdade de expresión e ofrecer eses datos atentaria contra a Primeira Enmenda. O caso voltou ser arquivado polo xuiz.