O ministro de Interior, Fernando Grande Marlaska, avanzou que a futura Lei de Corpos e Forzas de Seguranza do Estado prevé que os funcionarios de prisións teñan a consideración de axentes da autoridade. Tamén prevé crear novas figuras laborais como a de axentes de liberdade condicional.

 

Moncloa ordenó a Marlaska "ponerse las pilas" y averiguar el contenido del  informe del 8-M | España

 

Durante a súa intervención na inauguración das Xornadas de Traballo de directores de centros prisionais na cidade de Cuenca, Marlaska asegurou así mesmo que os traballos están orientados a poder levar adiante esa normativa antes de que finalice esta lexislatura.

“Traballamos para acordar un texto integrador que poña fin á dispersión normativa e modernice a estrutura corporativa penal regulada por dúas leis preconstitucionais”, sinalou Marlaska, quen mostrou o seu desexo de que o texto se axuste á realidade actual e recolla as peculiaridades propias e exclusivas do persoal funcionario de prisións que non están adecuadas á lexislación aplicábel a todos os colectivos funcionarios”.

Esta norma incluirá, alén do recoñecemento como axente da autoridade dos funcionarios, un reforzo da protección penal dos traballadores, o recoñecemento de asistencia xurídica e a creación de “postos de traballo inexistentes mais imprescindibeis no que se refere a medidas penais non privativas de liberdade”, como axentes de liberdade condicional e vixiada.

(…)

Europa Press