Joel Navarro e os outros sete policías implicados na morte do veciño do Raval foron reincorporados recentemente ao corpo despois de cumpriren o período de suspensión de traballo e salario. Durante a fase de instrución, este mosso tería proferido insultos e descalificacións nas redes sociais en referencia á xuíza responsábel do caso.

Na sexta feira 28 de abril de 2017 no farol de Calella (Alto Maresme). A Área Básica Policial (ABP) dos Mossos d’Esquadra en Arenys de Munt organiza un acto de celebración do Día das Escuadras. Este día celébrase anualmente en diferentes partes da Catalunya para recoñecer actuacións dos membros do corpo, doutros corpos policiais, e de representantes do ámbito da xudicatura e da sociedade civil.

Ao encontro asisten diferentes comandantes dos Mossos e unha ampla representación de cargos públicos da comarca, coa alcaldesa de Calella -ex converxente e actual membro do PDeCAT- Montserrat Candini, que tamén foi senadora e deputada no Parlamento de Catalunya, á cabeza. Candini preside a mesa colocada sobre un escenario a que son chamadas todas as persoas distinguidas.

Nun momento do acto, o xoven mosso d’esquadra Joel Navarro é chamado ao escenario para ser galardoado cun diploma de parabéns, segundo recollen as imaxes . Na data de celebración do acto, Navarro estaba cumprindo as medidas contempladas na condena de dous anos que lle fora imposta pola Audiencia de Barcelona como coautor do homicidio do veciño do bairro do Raval, Juan Andrés Benítez, durante a súa detención na noite do 5 de outubro de 2013.

 

Na data de celebración do acto, Navarro estaba cumprindo as medidas contempladas na condena de dous anos que lle fora imposta pola Audiencia de Barcelona como coautor do homicidio do veciño do bairro do Raval

 

Navarro non ingresou no cárcere despois de ter sido acordada a suspensión da execución da pena privativa de liberdade grazas á ausencia de antecedentes penais e a que esta non ultrapasaba os dous anos de condena, tal como establece a lei. No entanto, tanto el como os outros cinco axentes inculpados nos mesmos feitos, foron suspendidos de traballo e salario durante o tempo da condena, que terían acabado de cumprir na pasada primavera. Actualmente, segundo confirmou á Directa a Oficina do Portavoz dos Mossos d’Esquadra “xa se reincorporaron ao traballo, mais non poden dar datos do seu destino por motivos de seguranza dos axentes”.

“Todos os axentes que recibiron parabéns durante as Esquadres de Arenys de Mar foi despois da súa participacón nalgunha acción meritoria”, afirmou a interlocutora dos Mossos na última comunicación mantida co xornal La Directa. Posteriormente este mesmo medio escribiu para preguntar de que acto de servizo se trataba para merecer eses parabéns apesar de estar suspendido de traballo e salario, mais ningúen respondeu a este derradeiro correo electrónico.

O primeiro pontapé

Joel Navarro, axente dos Mossos d’Esquadra que a final de mes fará 29 anos e que no momento dos feitos apenas tiña 24, foi o primeiro axente que bateu en Benítez na rúa Aurora no noite dos feitos. Segundo a sentenza, a vítima foi abordada por este axente e despois dun breve  tira-puxa efectuou “unha acción consistente en dar varios pontapés a Benítez e deitalo ao chan”. Posteriormente, segundo o relato do maxistrado, xuntamente cos outros axentes conseguiu “contelo, suxeitalo e reducilo inmobilizándolle as maos mediante o uso de bridas e os pés cun cinto ou similar, co que lle amarraron os nocellos antes de unir mans e pés entre si”.

O xuiz concluiu que os axentes produciron a Benítez un estado de estrés que, xunto coas puñadas, pontapés, golpes nos xoellos e o uso da porra provocáronlle unha perda de consciencia e entrou en parada cardiorespiratoria. No entanto, foi introducido no coche policial neste estado, máis de doce minutos despois de ser reducido e amarrado de pés e mans. A intervención posterior do Sistema de Emerxencias Médicas no mesmo lugar dos feitos e a súa transferencia ao Hospital Clinico non puideron evitar que Benítez morrese na mañá do 6 de outubro de 2013.

 

O xuiz concluiu que os axentes produciron a Benítez un estado de estrés que, xunto coas puñadas, pontapés, golpes nos xoellos e o uso da porra provocáronlle unha perda de consciencia e entrou en parada cardiorespiratoria

 

Joel Navarrofoi condenado xunto con cinco compañeiros máis a 1 ano e 9 meses de prisión por un delito de homicidio por imprudencia grave e por un delito de lesións agravadas, e a outros 3 meses por un delito contra a integridade moral. As defensas solicitaron a suspensión da execución das penas de cárcere e os axentes evitaron o presidio, mais durante o tempo de condena imposta foron suspendidos de traballo e salario. Na actualidade ainda teñen medidas privativas de liberdade vixiada por un período de 5 anos desde a emisión da sentenza no mes de maio de 2016. Estas consisten na prohibición de se aproximaren do lugar dos feitos a unha distancia inferior aos 1.000 metros, a prohibición de levaren a cabo funcións de servizo de patrulla, así como a obrigación de asistiren a un curso relativo a dereitos humanos.

Outros dous mossos máis foron condenados a tres meses de prisión polo delito de obstrución á xustiza, embora nunha resolución polémica do caso, xa que o xuizo non chegou a celebrarse porque tanto as acusacións como as defensas dos inculpados chegaron a un acordo de conformidade para pactuar o recoñecemento dos feitos e as respectivas condenas.

David Bou | @dvdbou
Carola Antich | @La_Directa

Fonte: Directa