Roi y Bernardo son gemelos. Uno de ellos está retirado. El otro es profesor de tiro en la Academia de Policía de Ávila.

 

O 9 de abril de 2016, o axente de policía Celso Branco aparece morto dun tiro na témpora no seu gabinete da quinta planta da comisaría das Lagoas (Ourense). Cando os seus compañeiros o atopan sen vida, achan tamén na escena do crime unha arma curta. Trátase dunha pistola, unha nove milímetros. Está convenientemente colocada na man esquerda do funcionario. Hai dúas armas máis na garita, un revólver e outra pistola. Unha delas atópana os axentes que acoden a socorrelo nun dos caixóns do seu escritorio. A outra, colocada sobre a mesa.

O escenario deste novo crime apuntaba a un suicidio que fixo respirar por momentos os seus compañeiros e a plana xudicial ourensá. Coa morte de Celso, as canles oficiais deron por pechado o caso do roubo de seis pistolas, un caso que traía de cabeza a comisaría ourensá desde 2014. O feito que o iniciou todo foi a desaparición das armas. O pano de fondo, a complicidade dalgúns axentes do grupo local de estupefacientes con clans de narcos da zona.

O suposto suicidio de Celso, un home “irrepreensibel e alegre”, segundo os seus, parecía resolver o sarillo. O axente atribuíuse a si mesmo a culpabilidade dos feitos. Para acentuar a aparencia de que aquilo era o que parecía, días antes da morte, Celso enviara distintos correos electrónicos aos seus compañeiros en que se autoinculpaba do caso que tanto esfriara o ambiente na comisaría. Soaba, dun certo xeito, a unha despedida antecipada. A un deles tivo acceso este xornal: “Sinto sacar as armas do búnker. Sinto facer dano aos compañeiros”. Despois, en teoría, suicidouse.

Após o suceso, o Xulgado de Instrución número 3 de Ourense asumiu unha investigación aparentemente resolvida coa confesión de Celso antes do suicidio. Mais a maxistrada decidiu investigar as circunstancias da morte daquel axente. Ao pouco de comezar as pescudas, chegou á súa bandexa de correo electrónico unha mensaxe anónima. Aquilo fíxoa estar alerta.

 

Celso Blanco es el agente que apareció muerto y cuyo suicidio pareció cerrar el caso.Celso Blanco, o axente que apareceu morto e cuxo aparente suicidio parecía encerrar o caso. TVE

 

Na nota, unha fonte secreta, probabelmente alguén de dentro da comisaría, revelaba que o axente Celso tería sido presionado por un superior para enviar esas mensaxes de desculpa. Non foi a súa man a que apertou o gatillo da pistola contra a súa cabeza na tarde daquela primavera de hai xa case dous anos. O suicidio era tan só a isca.

Este foi o segundo acto de toda unha novela negra á galega que comezou en febreiro de 2015 co roubo das seis pistolas mencionadas ao principio. O terceiro tivo lugar no comezo desta semana coa detención de, supostamente, os verdadeiros responsabeis dunha trama coñecida na policía galega co nome da operación Zamburiña. Roi e Bernardo de Prado Lahoz. Son os que sorrín na fotografía superior, tomada nos inchabeis dunha festa local. Teñen 43 anos. Son irmáns xémeos. E son os supostos responsabeis de que o caos reinase na policía ourensá nos últimos anos.

Levaban 20 anos no corpo. “Entraron xuntos e foron ascendendo como policías até a categoría de inspectores”, contan os seus compañeiros. Un deles, hai un ano, estivo de baixa psicolóxica e xubilárono por iso. O outro, desde hai seis ou sete meses era profesor de tiro na Academia de Policía de Ávila.

Agora, o xuíz investígaos por “os supostos delitos de roubo con forza, porte ilegal de armas, revelación de segredos, simulación de delito, acusación ou denuncia falsa e inxurias e calumnias”. Tamén son investigados polo homicidio de Celso Branco. Mais vaiamos ao primeiro acto da historia.

O roubo do seis pistolas
O relato da farsa dos xémeos comeza en agosto de 2014. Ese verán, desaparecen do armeiro da comisaría as pistolas de tres axentes xubilados. Alguén as extraíra do búnker das Lagoas. Ninguén ou case ninguén se decata. Días despois, chega unha nota anónima á mesa do comisario xefe, Amable Valcárcel. Nela detállase que na comisaría estaban a pasar cousas raras. E fálase da desaparición das armas.

 

Registro de la casa de los dos hermanos gemelos.Inspección da vivenda dos irmaos xémeos – Brais Lorenzo – EFE

 

Os descoñecidos autores desa mensaxe relatan, segundo contan axentes locais, que entre os membros da comisaría había anos que botara raíces unha trama corrupta de axentes que para pagaren aos seus confidentes no mundo do narcotráfico proporcionábanlles armas da comisaría e tamén información dos movementos doutros axentes.

O autor ou autores da mensaxe apuntaban a un axente en concreto da comisaría, a quen o comisario, naquela altura, deu total credibilidade. Ese axente tiña un dos poucos xogos de chaves para abrir a porta da armaría. Mais non era o único. E os supostos autores encubertos da trama sabíano. Os xémeos estaban ao tanto de todo. Para algo levaban vinte anos naquela comisaría.

Poucos días despois, desapareceron outras tres armas. Eran tres pistolas regulamentares. Case ao mesmo tempo, as mensaxes anónimas comezaron a aparecer en distintos xornais locais. “Neles denunciábase que na comisaría de Ourense había unha trama corrupta de policías que se dedicaba a traficar con droga cos traficantes da zona”, explica un axente local. Agora, á luz dos feitos verdadeiros, todo encaixa. Os supostos autores dos roubos, os xémeos De Prado, querían dese modo desviar a atención focándoa noutros compañeiros do corpo.

A tea de araña urdida polos xémeos xa estaba servida. O complicado sarillo policial foi o inicio da operación Zamburiña, cuxo sumario ocupa agora máis de 4.000 follas reunidas en 12 tomos. Naquela altura, os axentes da comisaría deron credibilidade ás mensaxes anónimas dos xémeos. Non sabían quen enviaba aquelas mensaxes, mais era evidente que alí estaban a pasar cousas raras. Así que se puxeron a investigar.

Registro de la casa de los dos hermanos gemelos.Inspección da casa dos policías xémeos. EFE

 

O primeiro que fixeron, segundo contan fontes do caso, foi solicitar facer escoitas telefónicas de varios funcionarios da comisaría apuntados nas mensaxes anónimas por trapicheos cos confidentes. “Por mor desas escoitas, durante unha chea de tempo descartouse o roubo das armas. Mais claro, nesas conversas escoitábase falar aos do grupo de estupefacientes con algúns traficantes da zona que facían de confidentes. Entón Asuntos Internos abriu a operación que nos leva até hoxe. E foron imputados directamente unha ducia de funcionarios por suposta colaboración cos traficantes, por encubrilos, etc.”. Era o círculo perfecto que tracexaran Roi e Bernardo deixándose a si mesmos fóra de todo aquilo.

Sospeitas de asasinato no caso da morte de Celso
O xiro definitivo ao caso, a morte de Celso, sumiu a comisaría nun completo caos. Mais a xuíza non puxo punto final definitivo a un arrevesado quebra-cabeza ao que alguén sumaba cada vez máis pezas. Un feito que parecía resultar definitivo para determinar que Celso se suicidara por ser culpábel dos roubos era que as tres armas que apareceron no despacho non eran outras que as desaparecidas nos dous anos anteriores da armaría da comisaría.

Dúas das que foron achadas na escena do crime, coa cabeza de Celso rebentada dun disparo, desapareceran en agosto de 2014. As primeiras. A terceira das armas achadas na escena do crime desaparecera un ano antes da morte de Celso, en febreiro de 2015. Aplicando a lóxica, todas as pezas confluían ao redor deste axente como o principal sospeitoso.

Aplicando tamén a lóxica, aínda que doutra maneira, a xuíza chegou á conclusión de que aquilo non acababa de convencela. Todo estaba convenientemente disposto. Todo parecía demasiado perfecto, e a resolución demasiado sinxela. Por iso, cando examinou a pistola coa que aquel axente (supostamente) tirara a vida, constatou un feito inequívoco: a arma fora manipulada.

Á xuíza seguía escapándolle algo, e por extensión a toda a comisaría. Continuaron pasando cousas estrañas que lle fixeron manter as sospeitas. Ao día seguinte da aparición do cadáver, alguén mandou limpar ou limpou parcialmente aquel despacho fatídico da quinta planta da comisaría.

Máis cousas estrañas: Celso era o responsábel de prensa e participación cidadá na comisaría de Ourense. “Un bo tipo”, din os compañeiros. Afeccionado desde hai anos ás artes marciais. O certo é que o despacho que tiña na quinta planta era compartillado con outra persoa. Esa persoa é Bernardo De Prado. Un dos xémeos detidos esta semana. Ao revisar os testemuños, a reconstrución dos feitos daquel día, a xuíza atopou un pormenor importante revisando as cámaras de vídeo do día do suposto suicidio: nun deses vídeos, unha hora antes do crime, que tivo lugar ao catro da tarde do 10 de abril de 2016, aparece un dos xémeos entrando na comisaría.

La comisaría de As Lagoas ha sido el escenario de una novela negra en los últimos años.A Comisaria das Lagoas

 

Tempo despois, os informes balísticos e as testemuñas dos feitos deron razón ás sospeitas da xuíza. A traxectoria da bala non era a que se supón nun caso de suicidio. O cerco foise estreitando cada vez máis sobre os dous irmáns xémeos. Había xa entón quen sospeitaba deles e de que puidesen estar detrás de todo o ocorrido, ou polo menos dunha parte de todo este sarillo máis propio dunha novela de Raymond Chandler que da pura realidade.

Conforme pasaba o tempo, nos funcionarios da comisaría comezou a xerminar o receo de que talvez eses xémeos altos, de cabeza rapada e lentes de cu de vaso puidesen ter algo que ver en todo aquilo. “Comezouse a ter esa sospeita, de que podían ter máis relación. Parvos non eran. Sabían que a cousa, en certa maneira, estaba a ser investigada e a pouco e pouco íase estreitando o círculo”.

60.000 euros de fianza
A última proba que faltaba foi achada no Volvo dos xémeos. O vehículo foi inspeccionado hai uns días e nel a xuíza encontrou restos de sangue nun mono de traballo. Roi e Bernardo explicaron que aquel era sangue de porco. As probas están a realizarse nestes momentos para determinar a quen pertence o ADN.

A maxistrada impuxo a cada un deles unha fianza de 60.000 euros, que terán que pagar nun prazo de cinco días, alén da obrigación de compareceren perante o xulgado de instrución máis próximo ao seu domicilio todos os días, a prohibición de saíren do territorio nacional e a consecuente obrigación de faceren entrega do pasaporte.

A chave de todo? Os ciúmes. Roi De Prado era o xefe do grupo de Estupefacientes cando un dos investigados da operación Zamburiña estaba á fronte do Grupo Operativo de Resposta (GOR) de Seguranza Cidadá. Foi aí onde se desencadeou todo o que veu despois.

Brais Cedeira

Fonte: El Español