O colectivo Osabideak promove unha campaña en favor da derrogación da instrución penitenciaria 3/2017, que limita a um período moi curto de vida a liberdade das persoas presas con doenzas avanzadas e incurabeis terminais. A Instrución incumpre a interdición de tratos inhumanos e degradantes, as regras penitenciarias europeas e o Convenio Europeo de Dereitos Fundamentais, así como o principio de legalidade da CE.

As directrices da instrución 3/2017 son contrarias ás establecidas por Organismos internacionais como a ONU e a OMS, eluden o principio de humanidade da LG penienciaria e condicionan a liberdade a requisitos non esixidos por lei que contrarian a deontoloxia médica e evidencia científica.

Para adherir á campaña é preciso entrar en contacto con Osabideak mediante este formulario. O colectivo enviará un convite de adhesión. Trátase dunha recollida de apoios profesionais e queren facelo co máximo rigor, polo que peden desculpas se o procedemento resulta un pouco complexo.