O Xulgado de Instrución nº 1 de Lleida absolveu outro policía pola violencia exercida no 1-O en Catalunya. Ainda recoñecendo a violencia e o feito de unha persoa ter resultado ferida, a sentenza afirma que o axente ‘cumpría co seu deber’. ‘Non era unha situación pacífica senón encadrada nun momento de tensión social absoluta, onde unha multitude de cidadáns tiña intención de evitar a actuación policial e a súa entrada no colexio, e portanto algúns axentes tiveron de facer uso da mínima forza indispensábel para despexaren a entrada do edificio”.