O xornalista denuncia que a súa comunicación está restrinxida, a súa cela apenas recibe luz e aire fresco e ten problemas de saúde.

O xornalista Pablo González denunciou este sexta-feira ante o valedor do Pobo de Polonia as condicións “inhumanas” en que está recluído no cárcere de Radom, onde permanece encerrado desde o 28 de febreiro de 2022 despois de ser acusado de espiar para a Intelixencia rusa.
O reporter foi detido ilegalmente polos Servizos de Seguranza Interior de Polonia cando cubría a crise de refuxiados na fronteira de Polonia, após o inicio do conflito militar entre Rusia e Ucraína. Na súa queixa anunciou que lle foi aplicado o status de recluso perigoso, polo que está sometido a procedementos humillantes.
Así mesmo, González escribiu que é alxemado nas mans cada vez que sae da cela, mesmo durante os encontros co seu avogado e chamadas telefónicas. Tamén indicou que a súa cela, vixiada 24 horas ao día, 7 días á semana, é frecuentemente revistada. Contodo, segundo o xornalista, este trato non está xustificado por ningún motivo.
O xornalista tamén destacou que as condicións na propia cela son malas, xa que as xanelas están cubertas con papel de aluminio, o que ao mesmo tempo impede a entrada de luz natural e aire fresco, creando un “efecto de sauna” no verán. “A imposibilidade de abrir a xanela provoca acumulación de humidade e, como consecuencia, fórmase balor nas paredes. Estou encerrado nunha cela sen ventilación”, escribiu.
Debido ao seu status de recluso perigoso a comunicación de González está limitada: as autoridades só permitiron unha visita da esposa e o xornalista denuncia así mesmo que só pode chamar o seu avogado e enviar e recibir cartas, sometidas a revisión e que tardan en chegar a destino.
As malas condicións de reclusión, combinadas coa tensión, a incerteza e unha alimentación insuficiente, xa lle causaron varios problemas de saúde.
Algunhas organizacións de defensa dos DDHH xa fixeron declaracións en apoio do repórter. Entre elas a Asociación Pro DDHH de España (APDHE), que cualificou o trato a González de tortura e chamou o Gobierno de España e a Unión Europea a defender os dereitos do xornalista.
Anteriormente, un tribunal polaco recusou a apelación contra a prolongamento da prisión provisoria para González, polo que deberá permanecer detido, como mínimo, até o 23 de febreiro do 2023.

