No pasado 29 de xullo, I. I.J. foi achado morto na súa cela do cárcere de Alcalá-Meco. Os responsábeis da prisión afirman que se tratou dun suicidio por enforcamento, mais, cando a familia puido velo, horas despois do suposto suicidio, comprobou que o corpo tiña numerosas contusións. De resto, os testemuños son unánimes: no día anterior I.I.J. estaba moi contento pois tiña licenza para pasar o fin de semana coa familia.

 

Protesta en la cárcel Alcalá Meco contra la “privatización ...

 

Son moitos os indicios que fan dubidar da versión da dirección do cárcere: i) a muller foi avisada cinco horas despois de os funcionarios teren encontrado I.I.J. morto na súa cela no reconto das 8:00 da mañá; ii) I.I.J. non tiña ningún tipo de problema con outros internos; iii) o compañeiro da cela do lado, amigo seu, foi subitamente transferido a outra cela sen razón aparente xusto antes da noite en que se produciu a morte; iv) nesa mesma noite dous funcionarios substituíron outros dous que estiveran de turno de noite no día anterior; v) a irmá, a traballadora social da prisión, o educador e outras persoas que falaron con el no día anterior afirman que estaba moi feliz por ir pasar o fin de semana coa familia de camping; vi) en agosto pasaría a terceiro grao.

Alcalá Hoy