Xa pasaron 15 anos desde o lanzamento da campaña global de Boicote, Desinvestimentos e Sancións (BDS) do Comité Nacional Palestino BDS pola liberdade, a xustiza, a igualdade e o recoñecemento ao pobo palestino dos mesmos dereitos que ao resto da humanidade.

 

 

No noso aniversario número 15 compartillamos 15 razóns para apoiar a loita do pobo palestino polos seus dereitos:

  1. Porque BDS nace da maior coalición de palestinos e palestinas que viven sob a ocupación militar de Israel, o apartheid e a negación dos dereitos a refuxiados e refuxiadas
  2. Porque BDS funciona!
  3. Porque cremos nun mundo cos mesmos dereitos para todas e todos, sen privilexios.
  4. Porque condenamos o réxime de apartheid contra o pobo palestino, coa mesma forza coa que foi condenado o réxime de apartheid contra as persoas negras na África do Sur.
  5. Porque loitamos para que os gobernos e as súas institucións non sexan cómplices das violacións dos Dereitos Humanos na Palestina.
  6. Porque estamos en contra de todas as formas de opresión e discriminación.
  7. Porque queremos deter a complicidade das corporacións de todo o mundo na ocupación ilegal israelita.
  8. Porque apoiamos os dereitos de todos os pobos indíxenas, incluídos o pobo palestino, sobre as súas terras ancestrais, patrimonio cultural e recursos naturais.
  9. Porque nos opomos ao racismo global en todas as súas formas.
  10. Porque cremos que a acción das persoas pode mudar o mundo.
  11. Porque nos opomos ao lavado de imaxe do réxime de apartheid israelita.
  12. Porque cremos que ningún estado, incluído Israel, debe ficar impune se viola o dereito internacional e os Dereitos Humanos.
  13. Porque a liberación de Palestina está vinculada a todas as loitas contra o colonialismo, o racismo, a discriminación dos pobos indíxenas, a falta de dereitos sociais, a opresión de xénero e a crise climática do mundo.
  14. Porque apoiamos as palabras de Martin Luther King de que os boicotes eticamente consistentes implican “retirar a nosa cooperación dun sistema maligno”, e esa é unha obrigación moral básica de todas e todos.
  15. Porque non podemos permanecer en silencio en canto Israel perpetra crimes de guerra e lesa humanidade, mantén millares de prisioneiros políticos e asedia e masacra o pobo en Gaza.

 

BDS