Os responsabeis do réxime de Israel continúan o seu lavor de tornar a vida imposíbel ao pobo palestino. Non hai día en que este non sufra algunha agresión do estado sionista. Un dia son as vivendas, demolidas ou bombardeadas, outro son asasinatos que sempre fican impunes. No 25 de outubro asistiron a un novo asasinio: o dun adolescente palestino, Amer Sobar, morto a pancadas por soldados das IDF na madrugada do domingo.
.

 

Segundo fontes do Ministerio de Saúde palestino, Amer Snobar foi levado a un hospital despois de ter sido “espancado gravemente no pescozo” por soldados das forzas militares israelitas, perto da aldea de Turmusaia, no norte de Ramalah.

Os médicos que atenderon o xoven no centro médico indican que as feridas coincidían coas marcas que deixan as culatras dos rifles dos soldados das IDF.

A Organización para a Liberación da Palestina (OLP) calificou o acontecido de “monstroso acto de brutalidade contra un xoven indefenso, cuxo único crime foi ser palestino”.

Insurgente